SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A XUNTA INCLÚE AO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER NUN PROXECTO PIONEIRO CON ROBOTS



O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober formará parte dun proxecto pioneiro promovido pola Dirección Xeral de Centros da Xunta de Galicia que introduce robots e a linguaxe de programación no centros escolares a través das bibliotecas.
 
En concreto, o centro soberino contará con catro destes robots no marco do proxecto Escornabots. A experiencia pretende estimular a iniciación do alumnado de Infantil e Primaria no campo da robótica e a linguaxe da programación a través de actividades manipulativas mediante o uso de pequenos robots, bautizados como Escornabots.
 
Trátase, como explican desde o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober, de facer actividades que combinen a expresión oral, alfabetizacións múltiples, aprendizaxe manipulativo, xogos, investigación e traballo colaborativo.
 
O alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, agradécelle o traballo feito ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme que conseguiu ser un dos centros nos que se implantará este proxecto piloto. O rexedor anima ao alumnado a facer un uso intensivo destes robots e sacarlles o maior partido.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com