SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER INICIA A ÚLTIMA FASE DA SINALIZACIÓN INTEGRAL DE TODOS OS NÚCLEOS E RECURSOS TURÍSTICOS DA LOCALIDADE



O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar a última fase da sinalización integral de todos os núcleos e recursos turísticos da localidade. Para financiar a actuación o Goberno local contará cunha achega da Deputación de Lugo do 95%. O 5% restante son fondos municipais.
 
Esta ultima fase de sinalización que se iniciará esta mesma semana beneficiará ás 22 parroquias de Concello.
 
Amais de renovar a sinalización o alcalde, Luis Fernández Guitián, avanza que o Concello aproveitará esta axuda para retirar sinais vellas, oxidadas ou que sexan confusas.
 
Dobre obxectivo
Con esta última fase o equipo de goberno cumpre co obxectivo de que os máis de 300 núcleos do Concello conten coa súa sinal de identidade, xa que a sinalética ademais de servir ao seu obxectivo informativo tamén serve para que non se perdan nomes de núcleos que ao non existir na escrita deixan de usarse e acaban perdéndose.
 
Ademais de sinalizar os lugares que hoxe non dispoñen de letreiro tamén se van renovar sinais de circulación en vías municipais, así como colocar sinais direccionais de organismos oficiais, instalacións deportivas ou elementos turísticos que hoxe non contan con ela.
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com