SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CELEBRA O 16 DE ABRIL A XVII FESTA DOS AVÓS



O Goberno local do Concello de Sober celebra o vindeiro 16 de abril a XVII Festa dos Avós, que dará comezo ás 13:30 horas no Pavillón CEIP Virxe do Carme e se prolongará durante toda a tarde.
 
A celebración inclúe unha misa, unha comida, unha actuación musical e o sorteo de numerosos agasallos cedidos polos comercios da Comarca. O prezo é de 10 euros para empadroados e 20 para os non empadroados.
 
O menú estará composto por empanada, polbo, carne asada con patacas, sobremesas, cafés e bebidas. O xantar estará regado con viño de Amandi.
 
Os interesados e interesadas terán que confirmar asistencia antes do 14 de abril nos teléfonos 982460001 e 982460513. Tamén se poden anotar no Concello.
 
O percorrido dos autobuses será o seguinte:
 
Os autobuses farán as paradas necesarias no percorrido e volverán ao remate da festa.
 
12:00 horas. Francos de Doade-Ceceda-Mourentán
12:15 horas. Santa Cruz-Campo de Bulso-Sante
12:30 horas. Gundivós-Liñarán
12:45 horas. Campoverde-Castro de Liñarán-Castroseiros-Viloudriz-Neiras-Vacariza e Telleiros
 
12:15 horas. Doade-Vilachá
12:20 horas. Amandi-Lobios
12:25 horas. Pinol
12:30 horas. Cruce de Santiorxo-Barreiros-Barantes
12:45 horas. Pinar de Bolmente-Bolmente-Santa Marta-Figueroá
12:50 horas. Carqueixa e Proendos
 
12:30 horas. Cruce de Naz-Peixón
12:35 horas. Ferroños-Matamá
12:40 horas. Arxemil
12:45 horas. Anllo-Portizó
12:50 horas. Lama dos Campos-Rosende
13:00 horas. Vilaescura-Moreda-Moradela
13:10 horas. Canabal-Camporrairo-Sistindomato
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com