SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ARRANCA CO ‘MES DO AMANDI’ OS ACTOS PREVIOS Á XXXVI FEIRA DO VIÑO



O Goberno local do Concello de Sober deu a coñecer hoxe na contorna dos Muíños do Xabrega o programa de actos que se levarán a cabo na XXXVI Feira do Viño de Amandi, que este ano se celebrará os días 19 e 20 de marzo. Tamén se fixo público o cartel que anunciará a feira, obra da monfortina Andrea Rodríguez, así como os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’. Este ano participarán no evento 23 adegas da localidade.
 
Programa da feira
O sábado día 19 ás 11:30 horas farase o disparo de bombas de palenque que anuncian o inicio da XXXVI Feira do Viño de Amandi. Ás 12:00 horas será a apertura oficial a cargo de Adega Proencia en lembranza a seu fundador Tomás Arias Vázquez. Este ano a feira está dedicada ao Concello de Parada de Sil.
 
Ás 12:15 horas haberá unha actuación do Grupo de Música Tradicional do AGADIC. Ás 17:30 horas dará comenzo a Precata Oficial na Sala de Catas do Centro Sociocultural de Sober.Ás 18:00 horas ofrecerase o espectáculo Vaia Banda con Odaiko Percusión e aBanda de Música de Sober. Ás 20:30 horas será a actuación da Charanga Mekanica, ás23:00 horas, actuación de Anxo Lorenzo e ás 00:30 horas de novo actuación da Charanga Mekanica.
 
O domingo día 20 ás 10:30 horas farase o disparo de 23 bombas de palenque (unha por cada colleiteiro participante).Ás 10:45 horas haberá unha actuación da Charanga NBA.Ás 11:00 horas será o pasarrúas coa Banda de Música de Sober.Ás 11:30 horas dará comezo a Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. Á mesma horahaberáMisa Solemne coa Bendición de Ramos na Igrexa de Sober.Ás 12:30 horas será a recepción de autoridades na Casa do Concello. Ás 13:00 horas dará comezo a lectura do pregóna cargo de Silvia Jato.Ás 13:30 horas farase a entrega de Premios os adegueiros.Xa pola tarde, ás 17:00 horas haberá unha actuación da Charanga NBA e ás19:30 horas será o baile coa orquestra Poceiro.
 
Mes do Amandi
O Concello de Sober programou unha serie de actividades relacionadas co sector vitivinícola que serán a antesala da XXXVI Feira do Viño de Amandi. O primeiro dos actos foi hoxe coa presentación da feira nos Muíños do Xabrega, do cartel anunciador e do listado de activades que se levarán a cabo durante este mes. Ao remate do acto houbo unha degustación de viños de Amandi.
 
O mércores día 2 de marzo de 12:00 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende haberá unha xornada de maridaxe de Viño de Amandi con Porco Celta. Colaboran a Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández e ASOPORCEL (Asociación de criadores de gando porcino Celta).
 
O xoves día 3 de marzo ás 17:00 horas o Centro Sociocultural de Sober acollerá un taller de elaboración de cócteles con viño de Amandi a cargo do barista Damián Seijas baixo o nome “Cócteles con viño de Amandi” Ao remate farase unha degustación.
 
O venres día 4 de marzo ás 17:30 horas nas Merendas con contos da Biblioteca Pública Municipal teremos a actividade Contos sobre o viño a cargo de Lois Pérez. O seguinte venres, o día 11, os nenos e nenas que participan nas Merendas visitarán unha adega de Amandi para coñecer o proceso de elaboración do viño.
 
O xoves día 17 de marzo entre as 09:00 horas e as 14:30 horas o Centro Sociocultural de Sober acolle a Xornada Técnica “Alternativas ao viño tradicional: novos produtos”. Este acto está organizado pola Estación de viticultura e enoloxía de Galicia, Evega.
 
O venres día 18 de marzo ás 16:00 horas terá lugar a retransmisión do programa “Viaxe con nós” de Radiovoz con José Manuel Orriols.
 
O domingo día 20 de marzo a Asociación de Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra fará a ruta Doade-Miradoiro Pena do Castelo e posteriormente visita e xantar na Feira do viño de Amandi. Por último, o luns 21 de marzo ás 18:00 horas no Restaurante Merenzao de Cadeiras presentarase o libro “Galicia entre copas” de Mariano Fisac.
 
Outras actividades
Do 19 de Marzo ó 16 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XXXV Feira do Viño de Amandi e os debuxos do concurso de deseño de adhesivo. Ata o de agora o Goberno local ten posto en marcha tres concursos; o de deseño de carteis, o de deseño de barricas e o de debuxo infantil para a elaboración dunha chapa.

ADEGAS PARTICIPANTES
 

A MAN DE PRADO
BOLMENTE
ALGUEIRA DOADE
AS MURAS A CARQUEIXA-PROENDOS
BARBADO PROENDOS
CIVIDADE OUTEIRO-BOLMENTE
CRUCEIRO VLACHA-DOADE
DON BERNARDINO CIMA DE VILA-BROSMOS
ESTRELA VILACHA-DOADE
GUÍMARO SANMIL-BROSMOS
GULLUFRE LOBIOS
LUCENZA CORVELLE-PROENDOS
MALCAVADA ROSENDE
MARCELINO I A CARQUEIXA-PROENDOS
NAZ NAZ DE ABAIXO-ROSENDE
PETRÓN DOADE
PROENCIA SANSILLAO-PROENDOS
RECTORAL DE AMANDI AMANDI
REGINA VIARUM DOADE
TEAR SUAIREXA-FIGUEIROÁ
VAL DA LENDA CANTON-AMANDI
VIÑA FERREIRO CAMILO-BOLMENTE
VIÑA CAZOGA O PACIO-AMANDI
VIÑA PEON O BARRIO-FIGUEIROÁ
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com