SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
AS FESTAS DO CARME DE SOBER ENCHERÁN A LOCALIDADE DE MÚSICA E ACTIVIDADES DURANTE CATRO DÍAS



A comisión organizadora, en colaboración do Concello de Sober, xa ten pechada a programación para as Festas do Carme, que se desenvolverán na capitalidade os días 18, 19, 20 e 21 de setembro. O luns 21 será día de festa local en Sober. Ao longo dos catro días que dura a celebración actuarán 10 grupos musicais, haberá actividades infantís, relixiosas, deportivas e musicais. Para a clausura volverase facer a tradicional paella xigante.
 
Mañá día 13 ás 19:00 horas haberá unha misa na Igrexa de San Martiño seguida de procesión con imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa Nova de Sober.
 
Venres día 18
As Festas do Carme empezan oficialmente o día 18, venres, coa inauguración da exposición de pintura de Ana Saavedra no Centro Sociocultural. Ás 20:30 horas lanzaranse 16 bombas de palenque lembrando o día do Carme -16 de xullo- e farase a inauguración do alumado artístico. Ás 20:30 horas haberá baile e verbena coa Orquestra Los Player’s.
 
Sábado día 19
O sábado día 19 haberá un pasarrúas co grupo de música tradicional Merenzao. Ás 13:00 horas haberá misa solemne na Igrexa Nova á que lle seguirá, ás 13:30 horas, a sesión vermú co grupo Merenzao e a actuación das Pandereteiras de Monforte. Ás 19:00 horas será a quenda do espectáculo de novo circo Le trisca inmobile a cargo de Isla le trisca, na Praza do Toural.
 
Ás 21:00 horas haberá baile e verbena coa Orquestra Royal e a Orquestra de Galicia. Ás 24:00 horas actuarán Os Parentes e The Carallos, na Praza do Toural.
 
Domingo día 20
Pola mañá haberá un pasarrúas coa Banda de Música de Sober. Ás 13:00 horas procesión polas rúas da localidade con acompañamento da Banda de Música de Sober e misa solemne cantada por O Trícole. De seguido, concerto vermú coa Banda de Música de Sober.
 
Xa pola tarde, disputarase o Trofeo de Fútbol no campo do Centeás Sober-Chantada B. Ás 21:00 horas haberá baile coa Orquestra Solara e ás 23:00 actuación estelar da cantante Lys Pardo.
 
Luns día 21
Ás 11:30 horas haberá un pasarrúas a cago dun grupo de música tradicional. Ás 12:30 misa na Igrexa Nova. Pecha a festa a gran paella xigante cociñada por José Arias, de balde para todos e todas os asistentes. Contará co acompañamento musical da charanga NBA.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com