SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER FINALIZA AS OBRAS DE MELLORA E URBANIZACIÓN DA RÚA DA ESTACIÓN EN CANABAL E DA PRAZA DE DOADE



O Goberno local do Concello de Sober vén de rematar as obras de mellora e urbanización da Rúa da Estación en Canabal e da Praza de Doade. Son actuacións que se levaron a cabo con cargo á I Fase da Área de Rehabilitación Integral, que, no caso de Sober, beneficia á totalidade do Concello.
 
O investimento destinado a estas dúas obras foi de preto de 50.000 euros. O Concello de Sober achega o 60% dos fondos, mentres que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e o Ministerio de Fomento desembolsan o 40% restante.
 
Novas actuacións
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que “nas próximas semanas” se iniciarán traballos de mellora e urbanización con cargo a este mesmo plan na Praza do Campo de Pinol, en Naz, en Mer, en Rosende e na Pena de Proendos. Estas actuacións pendentes contarán cun orzamento de 70.000 euros financiados nun 40% con cargo a fondos do Ministerio de Fomento e o IGVS e o 60% de achega municipal.
 
O rexedor agradece a colaboración e entendemento dos veciños e veciñas polas molestias que as obras poden ocasionar mentres se levan  acabo. “Melloramos a nosa localidade e facémola máis habitable para todos e todos, o que redundará nunha mellor calidade de vida, polo que cremos que traballamos na boa dirección”, conclúe Guitián.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com