SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER LEMBRA A MANUAL MARÍA NO PRIMEIRO PLENO ORDINARIO DO MANDATO



O equipo de Goberno do Concello de Sober decidiu, a proposta do alcalde, Luis Fernández Guitián, lembrar e enxalzar a figura de Manuel María no primeiro Pleno ordinario da Corporación e agradecer á Real Academia Galega que vaia ser o poeta chairego a quen se lle dediquen ás Letras Galegas no ano 2016.
 
O rexedor subliñou “a importante relación que o escritor tivo ao longo da súa vida coa Comarca de Lemos”, polo que considerou “de xustiza” recuperar a súa figura e obra. Como recoñecemento á súa traxectoria o alcalde leu o seu poema ‘A fala’ e avanzou que o Concello de Sober aproveitará este ano para renderlle tributo “e que todos os nosos nenos e nenas e todos os veciños e veciñas coñezan o seu traballo por Galicia e polo noso idioma”.
 
Estrada de Sober a Gundivós
En relación coa estrada que une Sober e Gundivós e ante as queixas expresadas por veciños e veciñas e polo grupo municipal Agroma Sober, o rexedor explicou que está en contacto cos técnicos da Deputación e co departamento de vías e obras “desde que comezaron a actuación”. Así mesmo, o rexedor ten o compromiso da Deputación provincial de que se farán traballos complementarios para solucionar os problemas que poidan existir na vía, nomeadamente nos puntos que presenten maior perigosidade.
 
Os técnicos xa visitaron as obras para, de xeito inmediato, consolidar melloras nos puntos máis conflitivos do trazado e habilitar biondas que melloren a seguridade da vía para os condutores.
 
Situación do sector lácteo
O rexedor de Sober deu conta ademais da preocupación do Concello pola situación que vive o sector lácteo en Galicia. Por iso, explicou que está a participar na plataforma de alcaldes que buscan unha solución para o problema que viven os produtores galegos. Aínda que o municipio non é dos que máis explotacións ten da Comarca, Fernández Guitián, considera preciso “estar do lado dos gandeiros” para artellar mecanismos que permitan que os custos de produción sexan os axeitados. O rexedor avanzou que ten colaborado coa plataforma de alcaldes na manifestación que se celebrou en Santiago o pasado mes, como así fará na que se ten convocado en Chantada o próximo día 6 de agosto.
 
Incendios forestais
A Corporación soberina acordou por unanimidade celebrar unha xunta de voceiros para trazar solucións a nivel local que axuden a paliar a lacra que supoñen os incendios forestais. As medidas que se buscan irán encamiñadas a facer cumprir as ordenanzas municipais e a Lei de Incendios, polo que se contará coas comunidades de montes e asociacións de veciños para conciencialas da importancia da limpeza dos montes e da biomasa.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com