SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER ASUME DE NOVO A ÁREA DE TURISMO “PARA DARLLE UN NOVO PULO DESDE O NOSO CONCELLO AO NÚMERO DE VISITANTES QUE SE ACHEGAN A RIBEIRA SACRA”



A Corporación de Sober vén de celebrar o seu Pleno de organización no que se aprobou que o alcalde, Luis Fernández Guitián, asuma de novo as áreas de Cultura e turismo e incorpore réxime interior. O rexedor explica que o seu propósito é o de “deseñar accións, desde o noso Concello, que contribúan a darlle un novo pulo ao número de turistas que visitan a Ribeira Sacra”.
 
No Pleno quedaron constituídos os tres grupos municipais. Fernández Guitián é o voceiro do PP, Iñaki González o do PSdeG-PSOE e Paula Vázquez Verao a de Agroma Sober.
 
A Xunta de Goberno local estará presidida polo rexedor e integrada por Domingo López como primeiro tenente de Alcalde, Elías González como segundo tenente de alcalde e Sonia Fernández como terceira tenente de alcalde. A Xunta de Goberno reunirase o primeiro e terceiro luns de cada mes as 10 horas.
 
Os plenos ordinarios celebraranse o último xoves dos meses impares ás 20:00 horas no inverno e ás 21:00 horas nos meses de verán.
 
Delegacións
Medio Rural, viticultura e infraestruturas agrarias: Domingo López Fernández. 
Comercio, Industria e Artesanía: Elías González Prieto. 
Política medioambiental, agroforestal e gandeira: Sonia Fernández Martínez.
Benestar Social e Saúde: Carmen Pérez Pérez. 
Servizos (limpeza, alumeado, augas e saneamento): Abel López Fernández.
Deportes, mocidade, ensino e políticas de igualdade: José Quevedo Pérez. 
 
O Pleno aprobou tamén a creación de dúas comisións, unha especial de contas e facenda e a comisión de delegados.
 
O representante no Consello Escolar do CEIP Virxe do Carme será Elías González Prieto, mentres que no GDR Ribeira Sacra e no Consorcio de Turismo Ribeira Sacra será o rexedor, Luis Fernández Guitián. O Goberno local aprobou unha única dedicación exclusiva para o alcalde dotada con 1.700 euros mensuais, a mesma cantidade que o pasado mandato.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com