|
|
NOVAS |
O ALUMNADO DO CEIP VIRXE DO CARME RECIBE UN PREMIO NACIONAL DE DEBUXO E NARRATIVA
O Goberno local do Concello de Sober trasládalle os parabéns aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP Virxe do Carme de Sober que veñen de gañar o concurso Un bosque de cuento convocado a nivel nacional pola firma Tetra Pak.
A proba consistía en ilustrar e darlle continuidade a un conto. A historia tiña que ter como protagonista un bosque renovable e a Reciclón, que é un envase brik.
O xurado decidiu que o traballo dos nenos e nenas de Sober foi o mellor, polo que lles concede un premio de 1.500 euros en material escolar e unha tablet.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece tamén o apoio que os seguidores da rede social Facebook do Concello lle deron ao proxecto do CEIP Virxe do Carme e que, a bo seguro, axudou a que foran os gañadores.
Sobre a empresa
Tetra Pak é unha empresa multinacional fundada en Suecia, que deseña e produce solucións de envasado de cartón e procesamento para a industria alimentaria.
|
|
|
|
|
|