SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER VISITA A REMODELACIÓN DO PAVILLÓN DO COLEXIO CO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, visitou esta mañá o pavillón do CEIP Virxe do Carme co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, para coñecer o resultado da reforma da cuberta.
 
En concreto, ambos os mandatarios revisaron a recente remodelación do pavillón, posible grazas a unha axuda da Secretaría Xeral para o Deporte e  outra da Consellería de Educación por un importe total de 75.000 euros. Ambas as axudas permitiron facer obras para instalar a nova cuberta do pavillón, así como construír o peche perimetral e o acceso a través do exterior.
 
O alcalde destaca que “agora as instalacións se atopan en moito mellores condicións” para o desfrute non só dos nenos e nenas do CEIP Virxe do Carme, senón para todos os deportistas que as usan e para outras actividades que acollen as pistas como a festa da terceira idade ou eventos deportivos varios.
 
“Era unha necesidade urxente, polo que agradecemos o compromiso da Xunta de Galicia con esta actuación”, remarcou Fernández Guitián. O rexedor avanzou ademais que o Goberno local buscará financiamento para poder acometer unha nova actuación que permita revestir as parades e facer un novo graderío no pavillón.
 
Mellora da cuberta
A mellora desta instalación consistiu no acondicionamento da cuberta, unha actuación que se facía necesaria para dotar o pavillón das condicións axeitadas para a práctica deportiva tanto dos escolares do centro como dos veciños e visitantes en xeral. A reforma supuxo un investimento de 38.000 euros e foi posible grazas ao convenio asinado en xuño entre a Secretaría Xeral para o Deporte, que achegou 31.000 euros, e o Concello, que destinou 7.000 euros.
 
Lete Lasa manifestou a súa satisfacción por ter cumprido co compromiso que adquiriu na súa visita á localidade o pasado mes de marzo, lembrando que é obriga da Administración autonómica poñer todos os medios posibles ao seu alcance para mellorar as infraestruturas e os equipamentos deportivos da Comunidade autónoma, como ferramenta ao servizo do deporte galego e do fomento do exercicio físico en todos os sectores de poboación, ao longo do territorio do país.
 
Neste sentido, considerou que este tipo de actuacións forman parte da vontade e do deber da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e animou aos responsables do Concello de Sober a seguir impulsando a práctica deportiva especialmente desde o punto de vista da saúde e do benestar dos veciños, así como do potencial económico que o binomio deporte e turismo de natureza ofrece en localidades tan atractivas para tal fin como as pertencentes á Ribeira Sacra.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com