|
|
NOVAS |
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER MANTERÁ ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA ATA O 30 DE SETEMBRO
A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir nos pasados días o seu prazo de matrícula, que se prolongará ata o día 30 de setembro ás 12 horas. A presentación oficial do curso farase o día 27 de setembro, mentres que as clases darán comezo a primeira semana de outubro.
A Escola da clases de frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, guitarra e linguaxe musical. Tamén se ofertan ensinanzas de música en movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro.
O centro formará grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda infantil ou na xuvenil.
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o obxectivo principal da Escola Municipal de Musica de Sober é “formar educando aos alumnos e alumnas para a súa posterior incorporación á Banda de Musica de Sober, a principal entidade musical da Comarca”.
Os interesados en anotarse poden pedir máis información no Centro Sociocultural ou nos números de teléfono: 982.460.513 e 617.551.299.
|
|
|
|
|
|