SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
GUITIÁN SUBLIÑA O “IMPACTO POSITIVO” DA DECLARACIÓN DE SOBER COMO CONCELLO DE INTERESE TURÍSTICO



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, subliña o “impacto positivo” da recente declaración de Sober como Concello de Interese Turístico, como así se reflicte no número de persoas que se achegaron á localidade este verán.  En concreto, no mes de agosto a Oficina de Turismo atendeu a preto de 1.000 persoas, ás que sumar as 500 que pediron información no mes de xullo.
 
O rexedor vincula estes bos datos a varios factores, ademais da declaración concedida pola Xunta. “Cómpre destacar o esforzo que levamos a cabo desde o Goberno local ao inicio da tempada estival coa mellora da sinalización e dos accesos, principalmente aos miradoiros, así como a publicación de varios folletos explicativos que resultan de gran axuda para os turistas”.
 
Nos últimos meses o Concello de Sober vén de editar un folleto sobre o románico, outro no que aparecen os nove miradoiros espallados pola localidade e unha guía xeral da zona con información de interese sobre a Ribeira Sacra.
 
Fernández Guitián valora ademais a posta en marcha de novos proxectos enfocados ao visitante levadas a cabo polas empresas privadas de servizos turísticos que operan no Concello. “Todo axuda a que cada ano Sober sexa máis coñecido e reciba máis visitantes”, engade o rexedor.
  
Os visitantes nacionais superan aos galegos
O maior volume de visitantes que rexistrou Sober no mes de agosto procedía do territorio español, 458 persoas, seguido moi de preto polos turistas da Comunidade galega, 443 persoas.
 
Os turistas galegos chegaron de Concellos das catro provincias galegas como Ourense, Vigo, Lugo, Porto do Son, Carballiño, Narón, Celanova ou Santiago. De fóra de Galicia, Madrid e Barcelona son as Comunidades de onde procede o maior número de turistas que visitou a localidade, seguidas de Andalucía, País Vasco e Asturias. Tamén se recibiron visitas de León, Valencia, Extremadura, Aragón e Canarias, entre outras.
 
Visitantes de todo o mundo
Os datos revelan unha presenza internacional importante con viaxeiros europeos e tamén americanos, case o 10% do total no mes de agosto. Ademais de recibir turistas de Portugal, Francia, Alemaña, Inglaterra e Escocia, pasaron por Sober visitantes de EEUU, Cuba, Arxentina e Venezuela. O Concello recibiu tamén a visita dun grupo de rusos.
 
Demanda de información
Os viaxeiros que se achegaron á Oficina de Turismo demandan na súa maior parte información xeral sobre a Ribeira Sacra, así como sobre a ruta dos miradoiros e os paseos en catamarán. Ademais interésanse polo tren turístico, a ruta do románico, as adegas e as casas de turismo rural. Tamén fan consultas sobre a olería de Gundivós e solicitan mapas e guías.

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com