SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
VECIÑOS E TURISTAS DENUNCIAN O DEPLORABLE ESTADO NO QUE SE ATOPAN AS ESTRADAS DA DEPUTACIÓN AO SEU PASO POLO CONCELLO DE SOBER



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, denuncia o deplorable estado no que se atopan as estradas de titularidade da Deputación ao seu paso polo Concello. O rexedor afirma que se trata da principal queixa dos centenares de turistas que este verán se achegaron a coñecer a localidade e a Ribeira Sacra no seu conxunto.
 
Desde o Goberno local critican ademais que a mediados de agosto a institución provincial aínda non teña iniciado o desbroce das estradas, a pesar da insistencia do alcalde ante o Servizo de Vías e Obras.
 
“Non parece lóxico que un Concello declarado recentemente de Interese Turístico presente unhas estradas cunha imaxe como a actual”, precisa o mandatario, quen engade que á práctica totalidade dos recursos turístico de Sober, tales como os miradoiros do Canón do Sil, a olería de Gundivós, o románico rural ou ás adegas, se accede a través de estradas de titularidade provincial que presentan unha imaxe lamentable. En concreto, Fernández Guitián, sinala que as reclamacións se refiren principalmente  á estrada de Sober a Gundivós e á de Sober a Doade, aínda que tamén precisan unha reparación urxente a de Canabal a Anllo por Rosende ou a de As Gándaras a Chanteiro. 
 
Tanto os veciños como os visitantes e o Goberno local advirten dunhas estradas de titularidade provincial nun estado deplorable, cheas de maleza, coa capa de rodadura absolutamente levantada en moitos tramos e con infinidade de socavóns de considerable tamaño.
 
Petición de entrevista
O alcalde explica que ten trasladado as queixas en infinidade de ocasións sen que sexan atendidas polo organismo provincial.  Dende o Concello de Sober téñense presentado unha vez máis as queixas ante o presidente da Deputación ao que incluso o rexedor lle solicitou unha entrevista persoal e convídao a que faga unha visita in situ na que el mesmo poida comprobar a desfeita que se observa nas estradas provinciais.
 
Luis Fernández Guitián considera que “Sober vai ser un piar fundamental para a consecución da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, se ben as infraestruturas de acceso dependentes da Deputación de Lugo non van axudar en absoluto a conseguir este obxectivo”. “Co verán chegando ao seu fin a imaxe que se deu este ano xa non ten volta atrás e o desbroce xa non estará rematado antes de setembro o que, sen dúbida, é un absoluto despropósito”, conclúe.
 
 
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com