SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER E A UNIVERSIDADE DE VIGO ASINAN UN CONVENIO PARA REALIZAR PRÁCTICAS ACADÉMICAS EXTERNAS



O Goberno local do Concello de Sober vén de asinar un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo para que os alumnos e alumnas poidan realizar prácticas académicas externas na administración local.
 
O obxecto do convenio é regular un programa de prácticas académicas externas entre a Universidade de Vigo e o Concello de Sober para facilitar a preparación para o exercicio profesional do estudantado en áreas operativas da empresa relacionadas coa súa formación universitaria e as posibles saídas profesionais desde os estudos cursados na Universidade de Vigo. Así, promoverase o futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral das futuras persoas tituladas universitarias.
 
O Concello de Sober comprométese a emitir un informe con mención expresa da actividade desenvolvida, a súa duración e, no seu caso, o seu rendemento. Os alumnos e alumnas poden recibir por parte da entidade colaboradora a achega económica que se estipule en concepto de bolsa ou axuda ao estudo.
 
Quen pode realizar prácticas académicas externas?
O alumnado matriculado en calquera ensinanza impartida pola Universidade ou polos centros adscritos a esta, así como o estudantado doutras universidades españolas ou estranxeiras que, por razón de mobilidade académica ou de convenios establecidos entre elas, se atopen cursando estudos na Universidade de Vigo ou nos adscritos a esta.
 
Requisitos que debe cumprir o alumnado
-      Estar matriculado na ensinanza universitaria á que se vinculan as competencias básicas, xenéricas ou específicas que adquirirá ao realizar a práctica.
-      No caso de prácticas externas curriculares, estar matriculado na materia vinculada, segundo o plan de estudos de que se trate.
-      Non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada, ou a propia universidade en que se van realizar as prácticas.
 
A Universidade de Vigo realizará unha convocatoria pública nos centros universitarios afectados na que se indicará o número de alumnado de prácticas e as condicións da práctica académica externa, garantindo os principios de transparencia, publicidade e igualdade de oportunidades.
 
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com