SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE SOBER DEDICA AS ‘MEREDAS CON CONTOS’ DE FEBREIRO A PREPARAR O ENTROIDO



A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Sober dedica as ‘Merendas con contos’ do mes de febreiro a preparar o entroido. Os venres 7, 14, 21 e 28 faranse obradoiros nos que os nenos e nenas que participen elaborarán compadres e comadres e tamén máscaras con material de reciclaxe.
 
Para a confección dos compadres e comadres os nenos e nenas realizarán a cabeza dos bonecos coa técnica de papel maché, unha técnica artesanal antiga, orixinaria da China, India e Persia, que consiste na elaboración de obxectos, xeralmente decorativos e artísticos, usando pasta de papel. Unha vez feitas as cabezas os seu creadores poderán personalizalas co rostro dos seus personaxes favoritos.
 
Homenaxe a Rosalía
Como en anos anteriores o día 21 de febreiro a Biblioteca Pública Municipal acollerá unha homenaxe á poetisa Rosalía de Castro no aniversario do seu nacemento, o día 24. A data conmemorarase coa lectura de varios poemas de Follas Novas: Para Habana, Este vaise i aquel vaise, Maio longo…maio longo e Aquel romor de cántigas.
 
As Merendas con contos desenvolveranse todos os venres do mes de febreiro ás 17:30 horas na Biblioteca Pública Municipal de Sober.
 

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com