SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER EDITA UNHA GUÍA CON INFORMACIÓN DE TODAS AS ADEGAS DA DENOMINACIÓN DE ORIXE DA LOCALIDADE



O Concello de Sober acaba de editar 4.000 exemplares dunha guía con información de interese das 35 adegas instaladas en Amandi e na ribeira do Cabe pertencentes á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que a finalidade é a de promocionar as adegas da localidade en eventos turísticos, así como ter un material de interese para os turistas que se repartirá nas oficinas municipais.
 
En cada unha das fichas que se axuntan na guía sobre cada adega figura o logo identificativo, o nome, a situación xeográfica, o teléfono e os datos das diferentes páxinas web, así como a persoa de contacto de cada unha delas. Trátase, segundo subliña o alcalde, “dun escaparate a través do cal coñecer todos os caldos que se producen en Sober”.
 
Tamén se engade unha lenda na que se precisa que “os viños Amandi se colleitan no sureste do Concello de Sober, na ribeira do Sil”. “A súa orientación, vencellada ao microclima mediterráneo desa zona e o cultivo en bancais, así como a utilización de variedades autóctonas de alta calidade fixérono merecedor de numerosos premios e recoñecementos a nivel internacional, ademais de aparecer recomendado nos mellores restaurantes e guías gastronómicas”, engade a guía.
 
A guía vaise incorporar tamén ao apartado adegas que figura na web www.concellosdesober.com.
 
Para ver o díptico preme aquí:
Páxina1

Páxina2

 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com