|
| SAÚDO DA ALCALDESA |
Como Alcaldesa do Concello de Sober quero aproveita-la ocasión que se nos ofrece desde internet para da-la benvida a todo aquel que, a través deste medio, se achegue a coñecer un pouco a historia, os monumentos, os costumes, as festas, etc. deste pobo lucense, enclavado no incomparable marco da Ribeira Sacra.
Permitídeme que vos faga chegar unha invitación para que veñades a Sober, e que o que vexades a través destas páxinas o coñezades en vivo, gozando da nosa paisaxe, da nosa gastronomía e, por suposto, da hospitalidade da nosa xente, que vos acollerá de tal xeito que vos sexa difícil esquece-la vosa estancia aquí.
Un afectuoso saúdo
Raquel Arias Rodríguez
Alcaldesa de Sober
|
|
|
|
|