www.concellodesober.com Galego | Castellano  

TopMenu
cuadritos INICIO
cuadritos SOBER
cuadritos 1- Historia
cuadritos 2- Patrimonio
cuadritos 3- Medio Natural
cuadritos 4- Lendas
cuadritos 5- Situación
cuadritos CONCELLO
cuadritos PARROQUIAS
cuadritos TURISMO
cuadritos NOVAS
cuadritos O VIÑO
cuadritos OLERIA DE GUNDIVOS
cuadritos BANDA DE MUSICA
cuadritos SERVIZOS
PieMenu

  cuadro Axenda      curvaloca

 PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO
Interior da Igrexa de Proendos
Interior Igrexa de Proendos

Igrexa de San Pedro de Canaval
Canaval está situado na beira do río Cabe, na zona norte do municipio. Algúns historiadores relacionan o nome de Canaval cun destacamento militar romano asentado nas proximidades do castro Dactonio, capital da Terra de Lemos. A igrexa desta localidade aparece vinculada ó mosteiro de San Pedro de Valverde (Monforte) no século XII. Na centuria seguinte relaciónase coa orde dos Cabaleiros do Temple e con posterioridade é a Casa de Lemos a que ten potestade sobre ela.

O estado actual da igrexa corresponde coa restauración que se realizou no século XVIII. É un edificio de planta rectangular, con ábsida da mesma forma e a sancristía pegada polo lado norte. Da súa traza románica primitiva só conserva algunhas formas románicas do século XIII na súa fachada principal e no interior. A porta principal, de factura románica, consta dun arco de medio punto con tres arquivoltas de sección rectangular e puntas de cravo na maior. Os soportes son columnas pareadas con dúas xambas. As columnas teñen capiteis cúbicos e as súas bases e fustes son lisos, ó igual có tímpano. No interior o arco triunfal que comunica a nave co plebiscitario é de medio punto de grande amplitude.

O dato máis antigo que se conserva da súa existencia data de 1115 e trátase dun documento no que un tal Munio Romariz doa esta igrexa ó mosteiro de Valverde en Monforte. O templo de Canaval a mediados do século XIII aparece como unha encomenda do Temple. Estivo en mans desta orde ata a súa extinción, momento no que recaeu na Casa de Lemos.

Capiteles de Proendos
Capiteles de Proendos

Templo de San Xulián de Lobios
Lobios está situado xeograficamente ó sur do territorio soberino, moi preto do río Sil. A igrexa de Lobios, polo topónimo de Mosteiro polo que se lle denominaba, debeu estar vinculada a algún centro monacal.

O templo de Lobios é un interesante exemplar do románico rural do século XIII, con notas que falan de transición ó estilo oxival. A sancristía é posterior e a espanada é barroca.

É de nave rectangular con ábside tamén rectangular. Dous contrafuertes exteriores en cada lado, dividen os alzados laterales en tres pequenos entrepaños. As cubertas con de madeira a dúas augas na nave, en tanto que a cabecera cóbrese cunha bóveda sinxela de crucería no tramo inmediato á nave e con bóveda de canón apuntada no tramo do trasteiro.

A fachada principal ten unha porta construída sobre un taboleiro saliente que remarca o seu abocinamiento, con arco de medio punto apuntado, con catro arquivoltas de bocel decoradas con rosetas e bólas, jambas con mochetas e tres columnas de fuste monolítico. Os capiteis presentan decoraciones de motivo vegetal. Non ten tímpano. Na parte alta da portada principal ábrese unha fiestra en ajimez, moi apuntada, de tracería gótica.

No lado sur presenta outra portada de estrutura semellante á anterior, en resalte, moi abocinada tamén. Os arcos son apuntados con catro arquivoltas de baquetón decoradas con rosetas e bólas nas cavidades do arco. As columnas, tamén de fuste monolítico, apóianse en plintos lisos e rematan en capiteis decorados con animais fantásticos. Na parte alta, flanqueando esta portada, ábrense dúas ventás con arco de medio punto. No Tejaroz hai canecillos de temática variada que van das figuras humanas ás animais, pasando polos motivos vegetales.

Na cara norte, no tramo dos piés, limitando polo primeiro contrafuerte, hai unha porta de arco apuntado, tapiada na actualidade. Neste mesmo entrepaño, na zona alta, localízase unha fiestra con arco de medio punto peraltado.

O ábside é rectangular e está dividido en dous tramos por dúas columnas encostadas con capiteis de entrelazos. No alzado norte ten unha ventá de estrutura semellante aos anteriores e no tejaroz, canecillos lisos. No trasteiro ábrese unha fiestra na parte alta semellante á da fachada principal.

No seu interior sobresae un tramo anterior ao ábside, cuberto cunha bóveda nervada que se apoia en columnas en cuxos capiteis representase símbolos, adornados con pinturas dos catro evangelistas: angel, touro, león e aguia. No interior do templo tamén se conservan interesantes restos de pinturas murales.

Capela da Raíña dos Anxos
Nas proximidades do templo de Lobios atópase a singular capela dedicada á Raíña dos Anxos, recientemente restaurada polos veciños e cuxos orixes poderían remontarse ao século X. É de planta rectangular, de proporcións sinxelas, construída en pedra irregular sen labrar.

Anterior
[+]1
[+]2
[+]3
[+]4
[+]5
[+]6
 
pie