ANUNCIO. BASES GENERALES PARA ACCESO A PLAZAS DE PERSONAL LABORAL TEMPORAL (24/06/2010)
BASES XERAIS PARA O ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO EXCMO. CONCELLO DE SOBER NO ANO 2010.
PRIMEIRA.- OBXECTO.
O obxecto destas bases xerais é a regulación dun procedemento xeral para o acceso a prazas vacantes de persoal laboral temporal do Excmo. Concello de Sober no exercizo 2010, excepto a selección do persoal subvencionado polos Programas de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar para o ano 2010, que se rexerán pólas súas bases específicas, dacordo co disposto na Ley 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
SEGUNDA.- CONTIDO MÍNIMO DE CADA CONVOCATORIA.
En cada convocatoria deberá figurar:
1º.-Denominación do posto.
2º.-Clase, rama ou especialidade e demáis características propias do posto.
3º.-Requisitos, titulacións e outras condicións específicas que han de reunir os aspirantes.
TERCEIRA.- PUBLICIDADE.
Estas bases xerais publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Os anuncios das convocatorias publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, e na páxina WEB municipal www.concellodesober.com.
CUARTA.- REQUISITOS DO PERSOAL ASPIRANTE.
Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que se establezan en cada convocatoria, relativos a titulación e demáis requisitos específicos que en cada caso se establezan.
QUINTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
En cada convocatoria deberá regularse a presentación de instancias, que nunca será superior a dez días hábiles.
SEXTA.-TRIBUNAIS CUALIFICADORES.
A selección de persoal laboral temporal para cada praza realizarase mediante un Tribunal cualificador composto por tres empregados públicos do Excmo. Concello de Sober, que valorarán a documentación presentada polos aspirantes e realizarán, no seu caso, unha entrevista persoal. En cada convocatoria designaranse estes tres empregados públicos.
SÉTIMA.-PROBAS DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
A selección do persoal laboral temporal realizarase mediante dúas probas:
a)Valoración de méritos alegados polos interesados.
En caso de empate, levarase a cabo unha:
b) Entrevista persoal.
OITAVA.-DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS.
A) Valoración de méritos.
- Experiencia profesional:
Puntuarase con 0,10 puntos por cada mes de servizos prestados nunha Administración Pública nun posto de iguais ou similares características.
Puntuarase con 0,05 puntos por cada mes de servizos prestados nunha empresa privada nun posto de iguais ou similares características.
Poderán alcanzarse pola experiencia profesional ata un máximo de 3 puntos. Para a puntuación dos méritos de experiencia profesional presentarase certificación da Administración Pública ou empresa na que se prestaron os servizos.
- Formación profesional:
Valoraranse os cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, acreditados con certificación ou diploma, de acordo coa seguinte puntuación.
- Ata 20 horas de duración 0,10 puntos.
- De 21 ou máis horas de duración 0,20 puntos.
Como máximo poderán alcanzarse por formación profesional un máximo de 3 puntos. Para a puntuación dos méritos de formación profesional presentarase certificación ou diploma expedido polo ente organizador ou impartidor do curso.
b) A entrevista persoal, só a levar a cabo en caso de empate entre os candidatos na valoración dos méritos, versará sobre o recoñecemento das aptitudes ou habilidades persoais para o desempeño do posto de traballo así como sobre os coñecementos relacionados coas tarefas a desempeñar en dito posto. Esta entrevista valorarase cunha puntuación máxima de 1,5 puntos.
NOVENA.- RELACIÓN DE APROBADOS.
Rematado o proceso de selección, o Tribunal levantará acta coa relación da puntuación obtida por cada aspirante, dando conta da mesma á Alcaldía, que declarará superadas as probas selectivas a un total de persoas que nunca superará o total de postos de traballo ofertados, publicándose dita puntuación e resultado da selección no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina WEB municipal www.concellodesober.com
DÉCIMA.-COMEZO DAS TAREFAS PROPIAS DO POSTO PARA O QUE FOI SELECCIONADO.
Unha vez publicado o resultado da selección no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina WEB municipal www.concellodesober.com procederase á sinatura do respectivo contrato de duración determinada, comezando posteriromente o traballador a prestar os seus servizos no Concello de Sober.
UNDÉCIMA.- RÉXIME DE RECURSOS.
Estas bases xerais, as convocatorias e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999.
DISPOSICIÓN FINAL.
Estas bases xerais entrarán en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no BOP e derogan cantas disposicións do mesmo carácter foran aprobadas polo Concello de Sober con anterioridade á súa entrada en vigor.”
O alcalde José gómez Vázquez
|