www.concellodesober.com Galego | Castellano  

TopMenu
cuadritos INICIO
cuadritos SOBER
cuadritos 1- Historia
cuadritos 2- Patrimonio
cuadritos 3- Medio Natural
cuadritos 4- Lendas
cuadritos 5- Situación
cuadritos CONCELLO
cuadritos PARROQUIAS
cuadritos TURISMO
cuadritos NOVAS
cuadritos O VIÑO
cuadritos OLERIA DE GUNDIVOS
cuadritos BANDA DE MUSICA
cuadritos SERVIZOS
PieMenu

  cuadro Axenda      curvaloca

 LENDAS
O BURATO DA MOURA.

"Contan que foi verdade, que na parroquia de Bolmente, no lugar de Ferrón vivía un rapaz que tiña un rebaño de cabras, e todos os días as ceibaba ó monte, o cal lle quedaba moi preto. Alí todos os días visitaba a unha moura moi guapa. Pasado un tempo namoráronse, pero ela vivía no monte e non tiña nada, e él só tiña un rebaño de cabras e non podían casar. A moura propúxolle que se lle facía caso a ela serían moi ricos. O día seguinte cando el ceibara as cabras, coma sempre, ela iría ó seu encontro en forma de cobra e canto maior fose o ruido que fixera maior sería a fortuna que levaba, pero coa condición de que se tiña medo e fuxía nunca máis a ía volver ver. Cando ela se presentou por diante del, abríuse un boquete no chan e do burato saliu a cobra, que traía un ruido espantoso. O rapaz o ver a cobra botou a correr e nunca máis volveu ver á moura e , ainda hoxe, alí, lle chaman O Burato da Moura."

*Do traballo escolar no Instituto Daviña Rei de Monforte de Iñaki Rodríguez e Javier Vázquez recollido a nai do primeiro, Carmen de San Paio--- San Martiño de Anllo que vive na Pousa.

Voltar


[+]1
[+]2
[+]3
[+]4
[+]5
[+]6
 
pie