|
| BANDA DE MÚSICA |
Entre 1989 e 1991 ocupou a dirección Nicanor Domínguez Cid, profesor de clarinete do Conservatorio de Ourense e membro da Banda Municipal de Ourense. Entre 1991 e 1993 fíxose cargo da banda un destacado membro dela, Alfonseo Campos Pérez, iniciado musicalmente na primeira promoción da escola de música no 1975. Hoxe continúa ó pé do canón como membro da banda da que é fillo musical ó tempo que dirixe a Coral RENFE de Monforte, a Coral de Bóveda e imparte clases na Escola Municipal de Música de Quiroga e na propia Escola de Música de Sober. Alfonso Campos foi substituído no 1993 por Jesús López Prado, un novo músico sarrián. Na actualidade comparte o ensino de clarinete no Conservatorio de Música de Lugo coa dirección da banda de música de Melide. Desde outubro do 1997, está ó fronte da banda Luis Fernández Guitián, que lle debe o ser “algo músico” á banda de Sober da que forma parte desde 1975 -tamén pertence, como Alfonso Campos, á primeira fornada da escola de música-.
A Banda de Sober actuou en varias ocasións para distintas televisións. Na súa longa vida actuou en directo para personaxes relevantes como o rei Alfonso XIII, o líder cubano Fidel Castro, tódolos presidentes cos que contou a Xunta de Galicia, o ex-presidente Calvo Sotelo, etc.
Destacan nesta formación musical: o primeiro premio das festas de San Froilán do 1919 en Lugo; o segundo das festas do Hábeas de Ourense non 1933; actuacións en Barcelona, Valladolid, Madrid, Oviedo, Zamora, a práctica totalidade dos concellos de Galicia e moitos de Asturias e Castilla-León. Ten editados dous discos: un LP con dez temas galegos (1984) con Dial discos e unha casete na colección Fonoteca 92 de "El Correo Gallego".
A banda organizou multitude de actuacións benéficas, entre as que destacan bailes anuais para a terceira idade, un concerto para as monxas de clausura de Pantón ou a organización dun festival Pro-Ruanda.
En 1994 la Banda de Sober celebró llena de vida su 125 aniversario con una importante serie de actos entre los que destacó una reunión de todos los músicos vivos que pasaron por alguna de las bandas con que contó el ayuntamiento y que reunió a más de 200.
Este ano a banda recibiu o premio Lucense del Año. Entre os moitos agasallos e felicitacións destacou o poema que "O poeta da Terra Chá" e "Amigo de honra da Banda de Sober", Manuel María, dedicou a este colectivo musical e que di:
Banda de Sober, os anos
Déronche o son do sublime
Que purifica e redime
Os sentimentos humanos.
Qua a tua arte musical,
Tal como nos as queremos,
¡ atopou no Val de Lemos
o seu pais natural...!
a música é a certeza,
o prodixio, a levedade
e la voz da natureza.
A música, coa sua pureza,
¡ lévanos a soedade ¡
e trainos sempre a beleza!
|
|
|
|
|