www.concellodesober.com Galego | Castellano  

TopMenu
cuadritos INICIO
cuadritos SOBER
cuadritos 1- Historia
cuadritos 2- Patrimonio
cuadritos 3- Medio Natural
cuadritos 4- Lendas
cuadritos 5- Situación
cuadritos CONCELLO
cuadritos PARROQUIAS
cuadritos TURISMO
cuadritos NOVAS
cuadritos O VIÑO
cuadritos OLERIA DE GUNDIVOS
cuadritos BANDA DE MUSICA
cuadritos SERVIZOS
PieMenu

  cuadro Axenda      curvaloca

 LENDAS
O ENCANTO DA PENA DO BOQUEIRO

Preto da Barca de Santo Estevo, cara o lugar do Boqueiro, había unha pedra cun burato que iba dar o Cabe, que morre elí, a poucos metros, no Sil. Os que pasaban polo lugar á noitiña, dicen haber visto unha fermosísima rapaza de pelo dourado, sentada no penedo, peiteándose cun peite de ouro, mentres se miraba arroubada nun espello do mesmo precioso metal, relocindo, naquela luz imprecisa, igoal cos seus cabelos.

Din os do lugar que cando se intentaban acercar a rapaza, esta trocábase nunha serpe e desaparecía polo burato. Contába o Casimiro da casa dos Piricos que para desfacer aquel encanto había que ler, a unha hora, certos pasaxes da Biblia o revés; entón, poderíaste quedar cos tesouros que elí se gardaban; mais se o facías mal, viríase abaixo a montaña, como pasou non hai moitos anos en San Cosmede, cando por culpa dun feitizo o monte veuse enriba da carretera.

Teñen visto os da Barca unha néboa saindo do burato da pena, un bafo desfiañado depositándose polos arredores, como protexendo cun veo de misterio o lugar encantado.

*Ramón e o seu fillo Jesús, oido o pai do primeiro e o Casimiro da casa dos Piricos da Barca de Santo Estevo--- Anllo Santo Estevo--- 15-IX-2006.

Voltar


[+]1
[+]2
[+]3
[+]4
[+]5
[+]6
 
pie