ANUNCIO BASES PARA O ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL. (24/06/2010)
ANUNCIO
BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL DO EXCMO. CONCELLO REGULADAS A TRAVÉS DA ORDE DO 19 DE FEBREIRO DE 2010, POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES QUE REGULAN PARA O EXERCICIO DO ANO 2010, AS AXUDAS E SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES LOCAIS”.
PRIMEIRA.- OBXECTO.
O obxecto destas bases é a regulación dun procedemento específico para o acceso a prazas vacantes de persoal laboral temporal, aprobadas a este concello pola Consellería de Traballo e Benestar, a través da Orde que regula os Programas de Cooperación coas Entidades Locais para o exercicio do ano 2010, dacordo co disposto na Ley 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público.
SEGUNDA.- CONTIDO MÍNIMO DE CADA CONVOCATORIA.
En cada convocatoria deberá figurar:
1º.- Denominación do posto.
2º.- Clase, rama ou especialidade e demáis características propias do posto.
3º.-Requisitos, titulacións e outras condicións específicas que han de reunir os aspirantes.
TERCEIRA.- PUBLICIDADE.
Estas bases que rexerán para a contratación deste persoal, publicaranse no BOP (Boletín Oficial da Provincia) de Lugo. A selección do persoal realizarase mediante presentación de oferta na Oficiña Pública de Emprego.
CUARTA.- REQUISITOS DO PERSOAL ASPIRANTE.
Para tomar parte nas probas selectivas, os aspirantes deberán ser remitidos pola Oficiña Pública de Emprego, previa presentación por parte deste concello da correspondente oferta de emprego. Con carácter xeral, terán preferencia para ser contratados, de acordo co artigo 12, punto 4, da Orde da Consellería de Traballo e Benestar, que rexe o Fomento do Emprego a Través dos Programas de Cooperación, os candidatos que reúnan os seguintes requisitos:
-Colectivos con especiais dificultades de inserción laboral, e se é o caso, aqueles que teñen previsto a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, tales como:
a.-Mulleres e , en especial, aquelas que acrediten a condición de vítimas de violencia.
b.-Menores de 30 anos, en especial, as persoas demandantes do primeiro emprego ou aqueles/as sen cualificación profesional.
c.-Persoas con discapacidade.
d.-Persoas paradas de longa duración.
e.-Persoas desempregadas que esgotasen as prestación e subsidios por desemprego a que tiveran dereito.
f.-Persoas desempregadas maiores de 45 anos.
g.-Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente beneficiarios/as da renda de integración social de Galicia.
No caso de presentarse varios candidatos para a mesma oferta, e con caracter xeral, os traballadores e traballadoras que, no marco dos programas de cooperación, fosen contratados por un período superior a nove meses nos últimos tres anos, non poderán volver a ser contratados, ata transcurridos tres anos contados desde o remate do último contrato subvencionado no dito marco.
QUINTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
Non se requerirá a presentación de instancias, xa que os candidatos deberán figurar na lista remitida pola Oficina Pública de Emprego, en contestación a correspondente oferta.
SEXTA.- TRIBUNAIS CUALIFICADORES.
A selección de persoal laboral temporal para cada praza realizarase mediante un Tribunal cualificador composto por tres empregados públicos do Excmo. Concello de Sober, que valorarán a documentación presentada polos aspirantes e realizarán, se procede, unha entrevista persoal. En cada convocatoria designaranse estes tres empregados públicos.
SÉTIMA.- PROBAS DOS PROCEDEMENTOS SELECTIVOS.
A selección realizarase mediante a realización das seguintes probas:
a) Valoración do tempo de desemprego.
b) Valoración de méritos alegados.
En caso de empate, levarase a cabo unha;
c) Entrevista persoal.
OITAVA.- DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS.
a) Valoración do tempo de desemprego dos candidatos.
Puntuarase con 0,10 puntos por cada mes de antiguedade no servizo público de emprego, ata un máximo de 3 puntos.
b) Valoración de méritos:
- Formación profesional:
Valoraranse os cursos de formación e perfeccionamento, expedidos ou homologados por organismos oficiais, directamente relacionados coas funcións propias da praza convocada, acreditados con certificación ou diploma, dacordo coa seguinte puntuación.
- Ata 20 horas de duración 0,10 puntos.
- De 21 ou máis horas de duración 0,20 puntos.
Como máximo poderán alcanzarse por formación profesional un máximo de 3 puntos, para o cal presentarase certificación ou diploma expedido polo ente organizador ou impartidor do curso.
c) A entrevista persoal, só a realizar en caso de empate entre os candidatos nos méritos a valorar nos apartados anteriores, irá orientada ó recoñecemento das aptitudes ou habilidades persoais para o desempeño do posto de traballo así como sobre os coñecementos relacionados coas tarefas a desempeñar en dito posto. Valorarase cunha puntuación máxima de 1,5 puntos.
NOVENA.- RELACIÓN DE APROBADOS.
Rematada o proceso de selección, o Tribunal levantará acta coa relación da puntuación obtida por cada aspirante, dando conta da mesma á Alcaldía, que declarará superadas as probas selectivas a un total de persoas que nunca superará o total de postos de traballo ofertados, publicándose dita puntuación e resultado da selección no taboleiro de anuncios do Concello.
DÉCIMA.- COMEZO DAS TAREFAS PROPIAS DO POSTO PARA O QUE FOI SELECCIONADO.
Unha vez publicado o resultado da selección no taboleiro de anuncios do Concello procederase á sinatura do respectivo contrato de duración determinada, comezando posteriromente o traballador a prestar os seus servizos no Concello de Sober.
UNDÉCIMA.- RÉXIME DE RECURSOS.
Estas bases xerais, as convocatorias e cantos actos administrativos deriven delas e das actuacións dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999.
DISPOSICIÓN FINAL.
Estas bases entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, e rexerán para os procesos selectivos de persoal laboral temporal do Concello de Sober, correspondentes os Programas de Cooperación da Consellería de Traballo e Benestar, aprobados para o exercicio do ano 2010. Estas bases xerais derogan cantas disposicións do mesmo carácter foran aprobadas polo Concello de Sober con anterioridade á súa entrada en vigor.
O alcalde.- José Gómez Vázquez
|