SOBER CONTARÁ CUNHA LIÑA DE NOITEBÚS DURANTE O MES DE XUÑO. (03/06/2010)
O concello de Sober en colaboración coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, porán en marcha a partir deste sábado e durante tódolos sábados do mes de xuño unha liña de noitebús con destino a Monforte.
O autobús de servicio nocturno partirá tódolos sábados ás 23.00 h. de Gándaras-Pinol facendo paradas en Sober, Arxemil, Rosende, Vilaescura, Canabal, Telleiros, Neiras e rúa San Lázaro. O horario de regreso será ás 05.00 h. dende a rúa San Lázaro de Monforte.
O concello solicitará unha nova liña para os meses de xullo e agosto por considerar este servicio “altamente beneficioso de cara a seguridade vial dos veciños” . O prezo do billete será de dous euros.
|