SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PON EN MARCHA O SEU PROGRAMA DE FORMACIÓN DIXITAL PARA ESTE TRIMESTRE



O Concello de Sober vén de abrir o prazo para anotarse nos cursos de formación dixital que ofrecerá na aula de informática e novas tecnoloxías durante os próximos tres meses, de xaneiro a marzo.

Busca de emprego en internet e deseño do curriculum vitae.Os participantes aprenderán cómo facer buscas en internet, buscas de emprego a través das redes sociais e a elaborar un curriculum vitae.

Axustes básicos no móbil.Aprenderán a configurar o móbil: wifi, axenda, pantalla, contactos, descargas e instalacións de aplicacións útiles para a vida cotiá.

Internet no día a día desde a tablet ou o portátil.A formación estará enfocada a manexar unha tablet ou ordenador persoal desde a base. Internet, acceso a servizos, etc.

Libro electrónico-Galicia le. En colaboración coa Biblioteca Pública de Sober a actividade versará sobre compatibilidades e formatos de libros e préstamo na plataforma Galiciale, así como do uso dos libros electrónicos. Trátase dunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.
 
As actividades están dirixidas a persoas adultas e son todas gratuítas. As persoas interesadas poden anotarse no Centro Sociocultural de Sober, onde está a aula de informática e novas tecnoloxías, ou chamando ao teléfono 982 560 513.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com