SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CONTARÁ UN ANO MÁIS CUN STAND PROPIO NO 21º SALÓN INTERNACIONAL DE TURISMO GASTRONÓMICO ‘XANTAR’



O Concello de Sober mantense fiel á súa cita con Xantar, o 21º Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se vai celebrar en Ourense entre o 5 e o 9 de febreiro.
 
O Concello de Sober estará presente un ano máis con stand propio para promocionar o seu produto máis emblemática, o viño de Amandi, e tamén outros recursos turísticos, como a olería de Gundivós e o seu patrimonio natural e arquitectónico; o Canón do Sil, os miradoiros ou o románico rural, entre outros.
 
Tamén aproveitará esta cita para publicitar a XL Feira do Viño de Amandi, declarada de Interese Turístico, que se vai celebrar na localidade os días 4 e 5 de abril.
 
Día dedicado
Como xa vén sendo habitual Sober terá un día dedicado en Xantar, que será o domingo día 9. Nesta xornada farase unha degustación de viño de Amandi, rosca de Sober e mel, produtos todos eles típicos do municipio.
 
Xantar
Ademais da promoción da gastronomía, Xantar tense convertido tamén no punto de encontro dos recursos turísticos das rexións participantes no salón. Sen saír do recinto o visitante pode coñecer os atractivos naturais, arquitectónicos, históricos e, por suposto, gastronómicos, dos distintos puntos xeográficos, promovidos por organismos públicos que acoden a esta cita procedentes de España e doutros países a nivel internacional.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com