SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SOBER CELEBRA O DOMINGO DÍA 15 O CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL



A Escola Municipal de Música de Sober celebra o domingo día 15 o Concerto Solidario de Nadal. Na actuación, que será ás 18:00 horas no Centro Sociocultural, participa o coro infantil, o coro Berea, a Banda de Música de Sober, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o PAI de Sober.
 
Desde o Concello de Sober pídenlle aos asistentes que colaboren coa entrega dun quilo de comida non perecedoira que será entregada ás familias que máis o precisen.
 
Ademais deste acto, o Goberno local programa múltiples actividades culturais, musicais e lúdicas con motivo destas datas festivas.
 
Mañá mércoresserá a presentación do libro Teatro Completo (1996-2019) de Xosé Lois García no marco das actividades do Club de Lectura Pintor de Castinande. Ás 19:00 horas no Centro Sociocultural.
 
O venresás 21:00 horas a Casa da Cultura acollerá a presentación da curtametraxe Malcavada, de Antonio Mourelos.
 
Os días 13 e 20 de decembro as Merendas con Contos farán obradoiros de decoración de Nadal. Ás 16:00 horas na Biblioteca Pública Municipal.
 
O mércores 18 de decembro ás 18:00 horas o Centro Sociocultural acollerá a presentación da Guía Paadín 2020, unha guía de viños, bodegas e destilados de Galicia publicada por Luis e Alejandro Paadín.
 
O 20 de decembro celebrarase o Festival Escolar de Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.
 
0 21 de decembro ás 19:30 horas haberá un concerto das Xuventudes Musicais de Sober no Centro Sociocultural a cargo de Inés Moreno, clave.
 
Os días 26 e 27 de decembro haberá de novo Merendas con Contos no Nadal. O 26 pola mañá preparámonos para recibir aos Reis e o 27 ás 17:30 horas haberá unha sesión de Nadal de cine.
 
O 28 de decembro o Concello programa unha Festa infantil de Nadal no pavillón do CEIP Virxe do Carme con xogos, obradoiros e inchables ao longo de todo o día.
 
O día 2 de xaneiro levarase a cabo a inauguración do centro de xogo infantil ‘A Mariola’.
 
O 3 de xaneiro seguen as Merendas con Contos no Nadal coa entrega de premios dos certames convocados polo Concello e a actuación do grupo O Trícole.
 
O 4 de decembro Xingros Big Band ofrece un concerto de aninovo ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.
 
O 5 de xaneiro visita dos Reis Magos con regalos para todos os asistentes e actuación do contacontos ‘Un paxe real en apuros’, ás 11:30 horas na Casa da Cultura.
 
O Concello de Sober mantén ademais aberta a inscrición para os concursos de poesía, postais e beléns.
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com