SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O PATIO DE CRISTAL DO PAZO DE SOBER SERÁ O ESCENARIO DO CONCERTO DE GUITARRA QUE OFRECERÁ LUIS ALEJANDRO GARCÍA O SÁBADO



O Concello de Sober colabora coas Xuventudes Musicais da localidade na organización do ‘Ciclo Música no Outono’ que este sábado ten programado o concerto do guitarrista Luis Alejandro García. A actuación será ás 19:00 horas no Patio de Cristal do Hotel Pazo de Sober e a entrada será de balde.
 
Luis Alejandro García
Con máis de 20 premios nacionais e internacionais no seu haber, Luis Alejandro García (Tenerife, 1993) é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración. Alzouse con Primeiros Premios en certames como o Concurso “José Tomás – Villa de Petrer” (2019) ou o Primer Premio y Premio del Público en el Festival Internacional de Guitarra de Coria (2019).
 
Deu concertos e impartiu masterclass por gran parte da xeografía española, Alemaña, Austria, Estados Unidos, Andorra, Chile ou Arxentina, e colaborou con diferentes orquestras, como a OST ou a OSLP.
 
É compoñente de Canary Guitar Quartet, co que foi premiado internacionalmente, ademais de publicar o seu primeiro traballo discográfico, “21”.
 
É titulado en Guitarra polo CSMC con Matrícula de Honra, así como en Musicoloxía co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Completou os seus estudos de máster con matrícula de honra na Esmuc de Barcelona, baixo a tutela de Àlex Garrobé. Os seus próximos compromisos inclúen xiras en Estados Unidos, Brasil, Arxentina, México ou gran parte de Europa, como artista EuroStrings 2019-2020, así como o seu debut no Palau da Música Catalá o no Teatro Monumental xunto á ORTVE.
 

Repertorio
 

Danzas afrocubanas (arr. M.Barrueco)
E. Lecuona (1895 – 1963)
Danza Lucumí
La Comparsa
 
Romanza M. Llobet (1878 – 1938)
Aire Vasco A.J. Manjón (1866 – 1919)
3 valses venezolanos A. Lauro (1917 – 1986)
Andreína  
Natalia  
El Marabino  
Fantasía Sevillana J. Turina (1882 – 1949)
Variaciones sobre un tema de Scriabin A. Tansman (1897 – 1986)
Rossiniana Nº1, Op. 119 M. Giuliani (1781 – 1829)
 
DURACIÓN TOTAL: 52 – 55 min (En una parte)
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com