SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER DESBROZA A PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE ANLLO PARA PREVIR OS INCENDIOS FORESTAIS



Traballadores forestais da empresa pública Seaga limpan de maleza estes días diversos núcleos da parroquia de Santo Estevo de Anllo, en Sober. Polo de agora executáronse traballos en Nogueira, A Burdalla e A Mogueira, pero actuarase na totalidade da parroquia ao estar incluída nos plans especiais de prevención de incendios forestais da Consellería do Medio Rural. Tamén se farán traballos en Doade.
 
Os labores de limpeza vanse executando segundo reciben os contratos de adhesión ao convenio asinados polos propietarios particulares.
 
Actúase naquelas zonas que os técnicos forestais consideran franxas de seguridade, nas que a maleza pode resultar perigosa para as casas en caso de declararse un incendio.
 
No caso de Sober estes traballos de limpeza e retirada de biomasa estanse levando a cabo na parroquia de Santo Estevo de Anllo e xa están moi avanzados. Despois actuarán en Doade. Os veciños comprométense a pagar os traballos de desbroce a un prezo fixo de 350 euros por hectárea.
 
Aldea modelo
O Concello de Sober e a Consellería traballan ademais para incluír un dos núcleos do municipio no plan de aldeas modelo en prevención de incendios forestais.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com