SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA PARA ESTE VENRES O XX BAILE Á LUZ DA LÚA



O Goberno local do Concello de Sober despide o mes de agosto co tradicional Baile á Luz da Lúa coa Banda de Música de Sober, que se celebrará o venres día 30 na Praza do Toural.
 
O evento, que este ano celebra a súa XX edición, comezará cunha exhibición de baile profesional, de seguido haberá un concerto da Banda de Música de Sober e, por último, desenvolverase o concurso de baile para afeccionados.
 
A exhibición de baile profesional correrá a cargo de Diego Cornella e Laura Díez, profesores do curso de baile de salón que se está a realizar nestes días organizado polo Concello de Sober.
 
A continuación, a Banda  de Música de Sober interpretará distintas pezas para todas a aquelas parellas que desexen participar no concurso que estará dotado de varios premios para os mellores bailaríns.
 
Todas aquelas persoas que desexen participar no concurso soamente terán que inscribirse ao inicio do baile. O único requisito é ter ganas de bailar e pasalo ben.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com