SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BANDA SINFÓNICA DE GALICIA OFRECE UN CONCERTO EN SOBER ESTE SÁBADO



A Banda Sinfónica de Galicia ofrece este sábado un concerto de balde en Sober no marco dos actos do 150 aniversario da Banda de Música de Sober. A actuación será ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura.
 
‘Música e valores’ é o título da xira que a Banda Sinfónica de Galicia está a levar a cabo neste 2019 e que o sábado os achega a Sober.
 
Xerme da Banda
A Banda Sinfónica de Galicia (BSG) xurde da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil e Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que se leva facendo dende o 2015 dentro do Plan Nacional de Bandas.
 
A agrupación está formada por 46 compoñentes (entre 14 a 22 anos), procedentes de diferentes bandas, escolas e conservatorios das catro provincias galegas. Os seus directores son: Carlos Diéguez, David Llano e Quique Lagares.
 
Destaca no programa de concerto desta xira a interpretación e edición de obras de compositores galegos menores de 23 anos (Carme Rodríguez de Ribadeo, e Manuel Vázquez de Cea), a participación como solistas dos galardoados no concurso ‘Proxectando Sons’ (Jaime Estévez co saxo alto e Iván Carballal co bombardino) ou tres pezas que teñen unha conexión especial cos auditorios onde soarán: Ribadeo, Ortigueira e Sober.
 
Un dos piares básicos deste proxecto son os valores, uns valores que se fomentan e potencian por medio do traballo en equipo, como é o caso de tocar nunha banda. Esa convivencia a través da afección pola música, os gustos e intereses comúns, compartindo preocupacións, alegrías, triunfos e ca seguridade de contar cun apoio incondicional dos  compañeiros da banda.
 
A xira 2019 da Banda Sinfónica de Galicia  conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Políticas Culturais, dos Concellos de Ortigueira, Ribadeo e Sober, Xacobeo 2021, así como das escolas e bandas de ditas vilas e das empresas Editorial Dos Acordes e Piccolo Music Store.
 
Nova actuación da Banda de Sober e Os Parentes
Tras o concerto do sábado, a Praza do Concello de Sober será o escenario o domingo ás dez da noite dunha nova actuación da Banda de Música de Sober e o grupo local Os Parentes.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com