SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A OFICINA DE TURISMO DE SOBER INCREMENTA NUN 45,07% A SÚA ATENCIÓN A VIAXEIROS NOS MESES DE XUÑO E XULLO



A Oficina de Turismo dependente do Concello de Sober incrementou este verán nun 45,07% o número de visitantes atendidos nos meses de xuño e xullo con respecto ao ano 2018. O alcalde, Luis Fernández Guitián, destaca o impulso que a candidatura a Patrimonio Mundial lle está dando ao número de turistas que visitan Sober e tamén o conxunto da Ribeira Sacra.
 
Subliña tamén a importancia de que a localidade conte con novos establecementos hoteleiros de primeiro nivel, aos que se están a sumar novas aperturas no ámbito da hostalería e a restauración.
 
En concreto, nos meses de xuño e xullo recibíronse 1.207 visitantes na Oficina de Turismo da localidade, fronte ás 832 que se achegaron nos mesmos meses do ano pasado. Isto supón un incremento de 45,07% con respecto ao 2018, coa chegada de 1.207 visitantes.
 
Maioritariamente os turistas proceden do territorio nacional, preto de 1.000 persoas. Os visitantes do estranxeiro suman 85 persoas, con procedencias diversas, como EEUU, Uruguai, Venezuela, Arxentina, México ou Xerusalén. Entre os turistas europeos figuran diferentes nacionalidades, como Portugal, Francia, Suíza, Inglaterra, Escocia, Alemaña, Holanda, Polonia, Suecia, Hungría, Eslovenia, Bélxica, República Checa e Italia. 
 
Os visitantes interésanse sobre todo por información sobre miradoiros, embarcadoiros, o románico, as bodegas da zona, a olería, os catamaráns, a hostalería e hospedaxe, así como as rutas pola Ribeira Sacra.               
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com