SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ELABORARÁ UN INFORME DE IMPACTO DE XÉNERO DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS



O Goberno local de Sober aprobou no Pleno celebrado onte, a proposta da Alcaldía, que o Concello elabore un informe de impacto de xénero dos Orzamentos municipais do Concello que permita analizar as actuacións que se van desenvolver desde unha perspectiva de xénero, prestando especial atención á situación das mulleres e dos homes en relación cos programas de gasto. Trátase dunha medida pioneira a nivel municipal.
 
Tamén acordou instar á Xunta de Galicia, se así o precisa o Concello, a poñer a súa disposición, instrucións e/ou indicacións para a elaboración do informe de impacto de xénero dos Orzamentos.

Na actualidade, todas as institucións nacionais, europeas e internacionais veñen realizando un grande esforzo para garantir o dereito das persoas a non sufrir discriminación por razón de sexo. Este esforzo materialízase, fundamentalmente, a través de tres vías de intervención:
 
1. O desenvolvemento do principio de igualdade a través da eliminación no ordenamento xurídico das discriminacións por razón de sexo.
2. As accións positivas, que consisten en medidas específicas de intervención que actúan sobre as barreiras sociais que dificultan a igualdade entre as persoas, coa fin de compensar as desigualdades sociais.
3. O mainstreaming de xénero, que supón a integración dos obxectivos de igualdade na elaboración e avaliación das políticas públicas. Supón a integración da perspectiva de xénero no conxunto das políticas públicas.
 
O orzamento pode definirse como o instrumento a través do cal, o goberno planifica os ingresos e os gastos que se van a realizar no vindeiro exercicio económico e constitúe a ferramenta esencial na que se reflicten as políticas públicas que se van desenvolver e se materializan estas en plans, programas, proxectos ou actuacións concretas, dirixidas a satisfacer as necesidades, intereses e expectativas da cidadanía.
 
Os orzamentos sensibles ao xénero ou orzamentos con perspectiva de xénero non son sinónimo de orzamentos diferenciados en programas para mulleres e para homes, senón que responden a unha estratexia para coñecer o impacto que as políticas recollidas no orzamento teñen sobre mulleres e homes. O obxectivo fundamental é a integración transversal dos asuntos de xénero en todas as políticas, plans e programas que se desenvolvan.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que o concello de Sober “elabora os seus orzamentos baixo esta perspectiva de xeito habitual, pero consideramos que é o momento de dar un paso máis, de xeito que se teña que facer a modo de norma de obrigado cumprimento”.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com