SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O MÚSICO MIGUEL FRANQUEIRO REFORZARÁ A PLANTILLA DA ORQUESTRA DO TEATRO ALLA SCALA DE MILÁN



O músico Miguel Franqueiro Becerra (Boqueixón, 1983) reforzará a plantilla da Orquestra do Teatro Alla Scala de Milán despois de gañar unha audición de tuba na formación de ópera máis importante do mundo.
 
O director da Banda de Música de Sober fixo unha proba a telón (sen contacto visual co xurado) fronte a aspirantes inscritos de diferentes nacionalidades na que se alzou como o gañador. Na audición tivo que interpretar a Blazevich, Wagner, Léo Delibes e Verdi, entre outros compositores.
 
Entre máis de 40 inscritos tan só tres músicos pasaron á final na que tiveron que tocar, ademais da tuba, o cimbasso, un instrumento tradicional italiano que empregan para interpretar obras de Verdi. A proba incluía este instrumento que o músico terá que manexar nos seus debuts coa orquestra. Trátase, tal e como explica Franqueiro, dunha proba “que esixía unha gran preparación e moita concentración”.
 
A partir de agora o tubista terá que facer programas coa Scala con frecuencia, posto que a orquestra ofrece funcións diarias para as que necesitan músicos de reforzo.
 
Ademais de dirixir a Banda de Música de Sober, Miguel Franqueiro Becerra é o tuba de reforzo na Real Filharmonía de Galicia. Colabora tamén con outras orquestras nacionais e internacionais, como a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de España, a Orquestra de RTVE, a Orquestra do Liceo de Barcelona ou a Filarmonica Teatro Regio de Torino.
 
Desde o Concello de Sober trasládanlle os parabéns ao músico por este novo éxito na súa carreira nun ano moi importante para a formación local, que en 2019 celebra o seu 150 cumpreanos.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com