SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A BANDA DE MÚSICA DE SOBER CONMEMORA O SEU 150 ANIVERSARIO



A Banda de Música de Sober conmemora este 2019 o seu 150 aniversario coa organización de diversos actos cos que colabora o Concello de Sober.
 
O primeiro deles será o vindeiro sábado día 13 no que a formación musical ofrecerá un concerto no que van estar acompañados polo grupo local ‘Os Parentes’. A actuación será ás 22:00 horas na Praza do Concello.
 
No mes de agosto a Banda de Música de Sober programa para o día 3, sábado, un gran concerto no que van participar todos os músicos e músicas vivos e os directores que teñen formado parte da formación musical. Ademais do concerto tamén se vai facer un xantar de confraternización para conmemorar esta importante data.
 
Desde a Banda de Música de Sober aseguran que estes actos axudarán a seguir facendo historia da música nun concello con enorme tradición musical. Agradecen a colaboración de todos os que farán posible a celebración deste aniversario.
 
Pola súa banda, o alcalde, o popular Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas a participar destes actos e a seguir agrandando a historia viva da música en Sober.  


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com