SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA ESTE VENRES UNHA XORNADA DE PORTAS ABERTAS NAS PISCINAS MUNICIPAIS



O Concello de Sober abre o venres as piscinas municipais cunha xornada de portas abertas na que poden participar todos aqueles que o desexen. A partir das 13:00 horas o alcalde, Luis Fernández Guitián, fará unha visita ás instalacións que funcionarán durante todo o verán en horario de 13:00 a 21:00 horas as fins de semana e a partir das 13:30 horas e ata as 21:00 horas de luns a venres.
 
As instalacións, postas a punto nas pasadas semanas, incorporan como novidades dous tobogáns de auga fixos. O Concello organizará ao longo do verán diferentes xornadas de xogos e inchables pensadas para toda a familia.
 
Prezo da entrada
A entrada infantil (de 6 a 14 anos) terá un custo de 1,50 euros, mentres que a entrada para maiores de 14 anos será de 2,50 euros. Os menores de seis anos poderán acceder de balde.
 
Bonos
O Concello de Sober pon á disposición dos usuarios un réxime de bonos:
 
-Bono mensual familiar (Precísase certificado de convivencia ou fotocopia de DNI dos membros): 40 euros
-Bono mensual infantil (de 6 a 14 anos): 20 euros
-Bono mensual individual: 30 euros
 
Clases de natación
O Concello de Sober ofrece ademais a posibilidade de apuntarse aos cursos de natación para nenos e adultos cun custo de 10 euros ao mes. As clases para os nenos será os luns e mércores ás 16:00 horas. Os interesados poden anotarse nas instalacións das piscinas.
 
Outras actividades
As actividades no recinto das piscinas complétanse coa bibliopiscina, aberta de luns a venres, aquagym os martes e xoves ás 16:30 e os obradoiros para nenos e nenas os martes ás 19:00 horas. Todas estas actividades son gratuítas.
 
O Concello de Sober está a programar outras actividades lúdicas, culturais e deportivas para a época estival que irá dando a coñecer.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com