SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER ÉNCHESE A FIN DE SEMANA DE MÚSICA CO CONCERTO DE FIN DE CURSO DA ESCOLA MUNICIPAL E UNHA ACTUACIÓN DAS XUVENTUDES MUSICAIS



O Concello de Sober colabora na organización mañá sábado do Concerto de Fin de Curso da Escola Municipal de Música, que se vai celebrar no Centro Sociocultural a partir das cinco da tarde. Participan no concerto tamén a Banda de Música de Sober a Escola Municipal de Teatro e o Coro Berea.
 
A música segue o domingo cun concerto das Xuventudes Musicais de Sober, co que tamén colabora o Concello, que trae á localidade ao cuarteto de saxofóns Psaiko Quartet. A actuación será ás 19:30 horas no Centro Sociocultural no marco da programación da Primavera Musical de Sober.
 
El cuarteto está formado por los artistas Martín Castro Tubío - Saxofón soprano-, Borja Beneyto García - Saxofón alto-, Juan Alonso Moreda - Saxofón tenor- y Franco Emanuel Sánchez - Saxofón barítono-.
 
Estes intérpretes proveñen de Arxentina, Valencia e Galicia. Comezaron as súas actividades camerísticas no ano 2015 e hoxe en día desenvolven as súas actividades en diversos lugares como Madrid, Río de Xaneiro, Bos Aires, Mar de Prata, A Prata, Santa Rosa e General Pico (La Pampa), Palma de Mallorca, Ibiza, Porto, Santiago de Compostela, Vigo, Valencia e Ávila.
 
En 2017 obtiveron o primeiro premio no 88º Concurso Permanente "Juventudes Musicales de España” e o primeiro premio no Certame de Grupos de Cámara ArtJove.
 
Dentro do seu repertorio, presentan desde música conservadora á máis innovadora e atrevida. Amosan un amplo repertorio cheo de enerxía e sentimento con obras de compositores como F. Schubert, E. Bozza, A. Desenclos, G. Pierné, M. de Falla, G. F. Haas, I. Xenakis, G. Erkoreka, A. Glazunov, H. Parra, G. Ligeti e Marc Mellits, entre outros.
 
Programa
A principios dos anos 1840 a Adolphe Saxse ocorréuselle a idea de crear un instrumento que tivera a forza de un de metal e a sonoridade de un de madeira. Así pois, o saxofón consagrouse como un dos instrumentos máis versátiles, propoñendo un rango de infinitas posibilidades técnicas e sonoras. Neste concerto poderase observar a evolución do instrumento no campo da música de cámara. O concerto comeza coas dúas primeiras obras escritas para esta formación e continúa cun repertorio actual de transcricións, música popular e música totalmente idiomática.
 
- Premier Quatuor-J. B. Singelée Op.53 1857 (1812-1875) 15min.
- Quatuor - L. Kreutzer AS.82 1857 (1817-1868) 9min.
- La Historia del Tango-A. Piazzolla 1986 (1921-1992)
- 3 Preludes-G. Gershwin 1926 (1898-1937)
- Black-M. Mellits 2008 (1966-*)
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com