SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A CORPORACIÓN DE SOBER VOLVERÁ SER A PRIMEIRA DE ESPAÑA EN CONSTITUÍRSE COA CELEBRACIÓN DO PLENO ÁS 00:00 HORAS DO DÍA 15



O alcalde electo e en función de Sober, Luis Fernández Guitián, avanza que a Corporación local volverá ser a primeira de España en constituírse coa celebración do primeiro Pleno do mandato ás 00:00 horas do vindeiro 15 de xuño, do venres ao sábado.
 
Fernández Guitián, que será alcalde tras tres maiorías absolutas consecutivas,explica que se trata dun feito anecdótico que fai que se fale de Sober. “Dos máis de 8.100 concellos que hai en España só un é o primeiro e vai ser Sober. Nas dúas ocasións anteriores, 2011 e 2015, conqueríronse os obxectivos que se pretendían coa convocatoria”, precisa.
 
“Son numerosas as actividades, festas e eventos que o Goberno local organiza ao longo do ano para atraer visitantes a Sober e que o Concello resulte atractivo, polo que esta é unha máis desas iniciativas coas que pretendemos poñer Sober no mapa”. Menciona tamén a importancia de realizar accións continuas e plurais que contribúan sempre a que a Ribeira Sacra consiga a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
 
A Corporación terá 8 concelleiros do PP, 2 de IG-Vivo e un do PSdeG-PSOE.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com