SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CELEBRA ESTE SÁBADO A XX FESTA DAS AVOAS E DOS AVÓS



O Concello de Sober celebra este sábado día 1 de xuño a XX Festa das Avoas e dos Avós. A celebración dará comezo ás 13:30 horas no pavillón do CEIP Virxe do Carme.
 
O Goberno local organiza con motivo desta data unha misa, un xantar, haberá tamén unha actuación musical e un sorteo de agasallos para os asistentes. O menú estará composto de empanada, polbo á feira, carne asada con patacas, sobremesa, cafés e bebidas.
 
O prezo é de 10 euros para empadroados e 20 para aquela xente que decida asistir de fóra de Sober. Os interesados e interesadas poden anotarse na Casa Consistorial ou ben nos teléfonos 982 46 00 01 ou 9782 46 05 13.
 
Un día para recoñecer aos maiores
O rexedor en funcións, Luis Fernández Guitián, anima aos veciños e veciñas a participar nun evento “moi consolidado no Concello no que aproveitamos o día para facer unha verdadeira festa de confraternidade entre os soberinos e soberinas que chegan de todos os lugares do municipio”. “Un día de cordialidade e alegría ao que agradecemos que cada ano se sumen máis avós e avoas e un día para recoñecer aos nosos maiores”, explica.
 
Tres rutas de autobús
O Concello de Sober pon a disposición dos veciños e veciñas tres rutas de autobús de balde para poder participar na festa. Os percorridos serán os seguintes:
 
Percorrido 1
12:00 Francos de Doade, Ceceda, Mourentán
12:15 Santa Cruz, Campo de Bulso, Sante
12:30 Gundivós, Liñarán
12:45 Pinar de Bolmente, Bolmente, Castro de Liñarán, Castroseiros, Vilaudriz, Neiras, Vacariza e Telleiros
 
Percorrido 2
12:15 Doade, Vilachá
12:20 Amandi, Lobios
12:25 Pinol
12.30 Cruce de Santiorxo, Barreiros, Barantes
12:45 Pinar de Bolmente, Bolmente, Santa Marta Figueiroá
12:50 Carqueixa e Proendos
 
Percorrido 3
12:15 Cruce de Naz, Peixón
12:20 Ferroños, Matamá
12:25 Arxemil
12:30 Anllo, Portizó
12:35 Lama dos Campos, Rosende
12:45 Vilaescura, Moreda, Moradela
12:55 Canaval, Camporrairo, Sistindomato
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com