SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PROGRAMA UNHA SERIE DE ACTIVIDADES PARA CONCIENCIAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



O Goberno local do Concello de Sober programa para os meses de maio e xuño unha serie de actividades para concienciar contra a violencia de xénero. En concreto, as accións están destinadas aos nenos e nenas e aos adolescentes, como colectivos importantes aos que concienciar e cos que traballar para a erradicación desta lacra.
 
As actividades deron xa comezo nas Merendas con Contos coa posta en escena de ‘Contos vellos, novos finais’ a cargo da Trastenda dos Contos. A seguinte das accións terá lugar o día 22 de maio no Colexio de Sober coa presentación do proxecto ‘Mellor sen violencia. Non me contes contos’. O xoves día 23 presentarase o proxecto ‘Mellor sen violencia. Quen é quen’.
 
O venres día 24 de maio as actividades trasládanse á Casa da Cultura de Sober onde se proxectará a Curtaforum ‘Matria’. O mesmo día na Pinguela presentarase o proxecto ‘Mellor sen violencia. Os mitos do amor romántico’.
 
A maiores, entre os días 11 e 25 de xuño a Casa da Cultura de Sober acollerá a exposición fotográfica ‘Je Ne Baise Plus’ aberta a todos os públicos.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, pon en valor a celebración deste ciclo de actividades e explica que a loita contra esta lacra é un compromiso irrenunciable do Goberno local, que non escatimará en medios para combatela.
 
As actividades están financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade, con motivo do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e foron valoradas e propostas pola asociación FEMforte, quen se encargou de deseñar a estratexia de intervención máis adecuada tendo en conta o público ao que están dirixidas as actividades, o contexto e as principais problemáticas ás que é preciso dar resposta dentro deste eido.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com