SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
A VIOLINISTA MARÍA FLOREA E O PIANISTA ÁLEX RAMÍREZ OFRECEN O SÁBADO UN CONCERTO EN SOBER



A violinista María Florea acompañada polo pianista Álex Ramírez ofrecen o sábado un concerto en Sober, organizado polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello no marco da Primavera Musical. Será ás 20:15 horas no Centro Sociocultural.
 
O programa, Músicas de Xuventude, presenta tres obras para violín e piano de tres compositores diferentes, as tres escritas en plena xuventude (22 años Mozart, 23 Strauss, 25 Toldrà), pero en séculos, momentos vitais e circunstancias moi diferentes para cada un deles.
 
Programa
Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Sonata per a piano i violí en Do Major K.296
- Allegro vivace
- Andante sostenuto
- Allegro
Eduard Toldrà (1895-1962)
Dels “Sis sonets” per a violí i piano:
- Ave Maria
- Oració al Maig
- La Font
 
Richard Strauss (1864-1949)
Sonata per a violí i piano op.18
- Allegro ma non troppo
- Improvisació: Andante cantabile
- Finale: Andante – Allegro
 
María Florea, violín
Nacida en Barcelona en 1993, empezou a estudar o violín aos catro anos xunto a seu pai, o violonchelista e director de orquestra Cristian Florea, e con solo sete anos ofreceu o seu primeiro concerto como solista.
 
Foi alumna da Escola Superior de Música Reina Sofía (2010-2014) na Cátedra de Violín Telefónica e formou parte do Grupo Albéniz de Prosegur, dirixido polos profesores Heime Müller e Márta Gulyás, co que, en xuño de 2013, obtivo de mans da Súa Maxestade a Raíña a Mención de Cuarteto de Corda máis Sobresaínte na súa especialidade.
 
Recentemente actuou no Auditorio Nacional de Madrid dentro do ciclo A+ Música, foi galardoada co primeiro premio do “David Martin Violin Concerto Competition” que tivo lugar no Royal Academy of Music e obtivo o segundo premio no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España.
 
O pasado xullo finalizou os seus estudos de Máster con distinción de honra no Royal Academy of Music de Londres co profesor György Pauk e obtivo premio especial ao mellor recital final. Segue os seus estudos de posgrao na Universidade Mozarteum de Salzburg co violinista Rainer Schmidt.
 
Álex Ramírez Gama , piano
Nacido en Barcelona, iniciou os estudos de piano con Margarita Serrat e Benjamí Santacana. En 1999 obtén o premio de honra de grao superior do Conservatorio do Liceo.
Premiado en diversos concursos como solista e como músico de cámara: Jugend Musiziert (EMCY), Permanente de JJMM, Ciudad de Albacete, Paper de Música de Capellades, Ciutat de Manresa, etc.
 
Dedícase principalmente á música de cámara. Foi membro do Murtra Ensemble e do Trío Messiaen. Interesado pola música contemporánea, colaborou con BCN 216, Grup 21 e Grupo Illana. Estreou obras de Lleonard Balada e Jordi Cervelló, entre outros. Con estas formacións actuou en España, e en diversos países de Europa e Lationamérica.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com