SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PROMOCIONA O VIÑO DE AMANDI CUN SORTEO A TRAVÉS DA REDE SOCIAL INSTAGRAM



O Goberno local do Concello de Sober promociona a XXXIX Feira do Viño de Amandi tamén a través do seu perfil na social Instagram, para o que pon en marcha un sorteo durante os días que dura o evento, o sábado día 13 e o domingo 14.
 
Para poder participar os usuarios desta rede social teñen que facer unha fotografía desde Sober co ‘Marco do Amandi’, seguir o perfil do Concello de Sober e etiquetalo na imaxe que penduren no Instagram (concello_de_sober).
 
O ‘Marco do Amandi’ é un soporte ríxido que o Concello creou para promocionar a XXXIX Feira do Viño de Amandi tamén nesta rede social, buscando así incrementar a visibilidade e proxección da feira a través do Instagram. O ‘Marco do Amandi’ estará a disposición de todos os visitantes no stand que o Concello de Sober terá na Praza da localidade.
 
O gañador ou gañadora do sorteo recibirá un lote de botellas de viño de Amandi e un tarro de mel. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitian, explica que o propósito deste sorteo ten un dobre obxectivo: por un lado promocionar os nosos produtos para que a xente poida probalos e degustalos e, por outro, aumentar o impacto do noso Instagram e que así poida chegar a máis xente.  
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com