SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ENVIARÁ O DEBUXO GAÑADOR DO CERTAME INFANTIL DA XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI COMO TARXETA POSTAL AOS CENTROS GALEGOS DE EUROPA E AMÉRICA



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu a coñecer hoxe o debuxo gañador do concurso para escolares da Comarca convocado polo Concello con motivo da XXXIX Feira do Viño de Amandi. O Goberno local a través dun acordo con Correos converteu o debuxo nunha tarxeta postal prefranqueada que enviará aos Centros Galegos de Europa e América co obxectivo de conseguir unha difusión internacional.
 
Trátase, como explicou o rexedor,  de que tanto a XXXIX Feira do Viño de Amandi, como a localidade de Sober e toda a Ribeira Sacra teña presenza en todos aqueles países nos que exista un Centro Galego, tanto en Europa como en América.
 
Ademais do debuxo gañador a postal incorpora o logo do Concello de Sober, o cartel gañador do concurso que promociona a XXXIX Feira do Viño de Amandi e o slogan do Consorcio de Turismo de Ribeira Sacra.
 
Ademais deste envío, o Goberno local agasallou coas postais a todos os nenos e nenas que participaron no certame de debuxo. Fixo entrega ademais dun lote á gañadora e ao centro gañador, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. A gañadora recibe tamén un premio valorado en 150 euros e concédese un accésit de 50 euros ao mellor debuxo de cada colexio participante: Patricia López, do Saviñao, Celia María García, do Monte Baliño de Pantón e Xoán Pérez, de Sober.
 
As restantes tarxetas postais impresas por Correos estarán á disposición do público na Oficina de Turismo de Sober a un prezo de 1,5 euros.
 
Deseño de Uxía Trail Bates
No concurso participaron os centros escolares de Currelos, Pantón e Sober, con 100 orixinais. O debuxo gañador foi o de Uxía Trail Bates, do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober. Os traballos de todos os participantes están expostos na Casa da Cultura de Sober.
 
Xurado
Os encargados de elixir o traballo gañador foron Rodrigo Coucheiro, gañador do certame de carteis da XXXIX Feira do Viño de Amandi e Eva Abal, empresaria e emprendedora da localidade especializada en deseño e interiorismo.
 
Que é unha tarxeta postal?
Son postais convencionais cunha imaxe, neste caso o debuxo gañador do concurso infantil da XXXIX Feira do Viño de Amandi. Levan o selo impreso, non adherido. Poden depositarse en calquera caixa de Correos xa que levan o franqueo incorporado.
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com