SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ADHÍRESE Á INICIATIVA EUROPEA DO PACTO DOS ALCALDES POLO CLIMA E A ENERXÍA



O Concello de Sober aprobou no Pleno do pasado día un de abril a adhesión á iniciativa europea do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía.
 
O rexedor, Luis Fernández Guitián, explica que se trata dunha iniciativa “moi necesaria” para conseguir a sustentabilidade enerxética e a adaptación ao cambio climático do noso Concello.
 
A Corporación acordou entre outros compromisos: reducir as emisión de CO2, traballar na promoción de medidas de adaptación ao cambio climático, elaborar un inventario de emisións de referencia e unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático, facer un plan de acción para o clima e a enerxía  sustentable no prazo de 2 anos, elaborar un informe bianual para a avaliación e control dos obxectivos, así como compartir a visión, os resultados, experiencia e coñecemento con outros concellos de Europa. Tamén se acorda adaptar as estruturas do Concello ou mobilizar a sociedade civil do noso ámbito para que participe no Plan de Acción.
 
O Pleno aprobou ademais o Prego de Cláusulas Administrativas e de Prescricións técnicas para a adxudicación do contrato de recollida e transporte de residuos urbanos.
 
O rexedor deu conta tamén da suba dun 2,25% das retribucións a todo o persoal do Concello con data de un de xaneiro.
 
Outros acordos
Por iniciativa de Agroma Sober aprobouse una moción sobre o apoio á Oleiría tradicional de Gundivós e unha do PSOE sobre a adopción dun modelo asistencial de proximidade e de axuda no fogar.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com