SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O ALCALDE DE SOBER MANTÉN OS PRIMEIROS CONTACTOS CO SEU HOMÓLOGO ASTURIANO DE VILLAVICIOSA PARA O IRMANDAMENTO DAS PARROQUIAS DE AMANDI



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, mantivo xa os primeiros contactos co seu homólogo, o rexedor de Villaviciosa, Alejandro Vega, para levar a cabo o irmandamento das parroquias de Amandi. Ambos os municipios teñen unha parroquia que leva este nome, no caso de Sober é ademais a nomenclatura que se emprega para a subzona da DOP Ribeira Sacra.
 
A parroquia de Sober sobresae por ser unha das principais produtoras de viño da localidade, mentres que a asturiana é coñecida por ser produtora de sidra.
 
Así, ambas as parroquias de Amandi, a galega e a asturiana, pretenden facer un acto de irmandamento este mesmo ano para selar a súa alianza. O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que a iniciativa pretende contribuír na promoción do viño e da sidra, os principais reclamos destes territorios.
 
O Goberno local de Sober e o de Villaviciosa ultiman xa os detalles do acto.
 
Novo irmandamento
O Concello de Sober levou a cabo un acto similar en xullo de 2014 cando se irmandou co grupo de rock Sôber para poñer en valor a coincidencia do nome do grupo co topónimo do municipio. O rexedor recorda que foi un acto “moi especial” que trouxo consigo a posibilidade de que un grupo dese nivel actuara en Sober xa en dúas ocasións, a última delas nas Festas do Carme do ano pasado, e de que leven o nome do noso Concello polo mundo enteiro.


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com