SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ENCHE O ‘MES DE AMANDI’ DE NUMEROSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO MUNDO DO VIÑO



O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, deu a coñecer hoxe no miradoiro de Soutochao, en Doade, acompañado de adegueiros e viticultores a intensa programación que compón o ‘Mes do Amandi’, así como o programa completo da XXXIX Feira do Viño de Amandi e o cartel anunciador, obra do monfortino Rodrigo Coucheiro Limeres, tamén presente no acto.
 
Actividades do Mes do Amandi, previas á Feira do Viño de Amandi
 
Sábado 16 de marzo
- Ás 11:00 horas no miradoiro de Soutochao, Doade, presentación da XXXIX Feira do Viño de Amandi e do seu cartel anunciador, obra do monfortino Rodrigo Coucheiro Limeres. Ao remate, degustación de viños de Amandi.
 
Sábado 23 de marzo
-Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural, Concerto do grupo de saxofóns do Conservatorio de Ourense. Ao remate, brinde con viño de Amandi.
 
Sábado 23 e domingo 24 de marzo
- I Xornadas Ornitolóxicas. Actividades teóricas no Centro Sociocultural de Sober e prácticas no Canón do Sil. Inscrición gratuíta en inforibeirasacracaurel.es. Organiza: GDR RIBEIRA SACRA-CAUREL.
 
Xoves 28 de marzo
-De 12:30 a 14:30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: Viño de Amandi con Faba de Lourenzá I.X.P. Colaboran: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández e I.X.P. Faba de Lourenzá.
 
 
Xoves 28 de marzo
-Ás 12:00 horas na Praza do Concello presentación da ‘Caravana do Amandi’. Está previsto que a caravana visite na primeira semana de abril a localidade de Escairón-O Saviñao e a cidade de Lugo.
 
Venres 29 de marzo
-Ás 12:30 horas na Oficina Municipal de Turismo presentación da Exposición de fotografía ‘Viña Sacra’. Fotografías gañadoras do II Concurso fotográfico Christina Snellman. Colabora: Amigos de Manuel Jorge de Chantada.
 
Venres 29 de marzo
-Ás 16:30 horas: Os participantes nas ‘Merendas con Contos’ fan unha visita didáctica a viñedos de Amandi. Organiza: Biblioteca Pública Municipal. Colabora: Viticultores do Amandi.
 
Venres 29 de marzo
-De 19:00 a 20:00 horas retransmisión en directo dende o Centro Sociocultural de Sober do Programa de Onda Cero ‘Gente Viajera de Galicia’ presentado por Susana Pedreira.
 
Sábado 30 de marzo
-Ás 11:00 horas recepción na Rectoral de Gundivós á Delegación do Concello de Vedra (A Coruña), encabezada polo seu alcalde Carlos Martínez Carrillo, que visita o noso Concello dentro das Xornadas Técnicas de Promoción e Difusión da Cultura do Viño, organizadas pola Asociación Cultural e de Festexos Populares ‘San Miguel de Sarandón’.
 
Sábado 30 de marzo
-Ás 20:00 horas no Centro Sociocultural, Concerto da Banda Nova de Allariz. Ao remate, brinde con Viño de Amandi.
 
Mercores 3 de abril
-Ás 19:00 horas na Biblioteca Publica Municipal de Sober, presentación do libro ‘O alén dos barqueiros’ de Anxo Muíños e Humberto Loureiro, da Editorial Fanes. Organiza: Club de Lectura Pintor de Castinandi.
 
Xoves 4 de abril
-De 10:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural de Sober, 1º Concurso de sumilleres. Colabora: Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández.
 
Venres 5 de abril
-De 10:00 a 12:30 horas visita didáctica para alumnos do CEIP Virxe do Carme ao románico de Sober. Coordina: Oficina Municipal de Turismo. Colabora: CEIP Virxe do Carme.
 
Martes 9 de abril
-De 9:00 a 14:30 horas no Centro Sociocultural de Sober, Xornada técnica: retos  e innovacións. Os viños rosados en Galicia. Organiza: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia-EVEGA.
 
Mércores 10 de abril
-Ás 11:00 horas no Centro Sociocultural, presentación da Tarxeta Postal prepago co Debuxo Gañador do Concurso de Debuxo Infantil convocado entre escolares da Comarca. Colabora: Correos.
 
Outras actividades
 
Exposicións
Do 13 ao 30 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados ao concurso de carteis da XXXIX Feira do viño de Amandi e os debuxos presentados o V Certame de debuxo infantil.
 
Do 29 de marzo o 30 de abril na Oficina Municipal de Turismo estará exposta a colección de fotografías ‘Viña Sacra’. Fotografías gañadoras do II Concurso fotográfico Christina Snellman da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada.
 
Cata de viños
Cun xurado profesional celebrase una precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entregáranse tres primeiros premios para viños tintos da añada de 2018, un premio para viños brancos da añada de 2018 e un premio para viños envellecidos en barrica. Organiza: Vinosacra
 
Concurso deseño de carteis
Presentáronse 51 orixinais chegados de diferentes puntos do estado. O xurado integrado polos profesionais Ivan Patiño, Manuel Valcarcel ‘Piro’, Eva F. Ferreira e Toño Parga acordaron outorgar o primeiro premio ao traballo presentado por Rodrigo Coucheiro Limeres de Monforte de Lemos e concedéronse accésit aos traballos presentados por Víctor Miranda da Coruña, Luis Enrique Núñez de Viloira-O Barco de Valdeoras, Carlos Gallego de Barcelona e Celso Cuñarro da Coruña.
 
Concurso de debuxo infantil
Ten como obxectivo elaborar unha tarxeta postal co debuxo gañador. O concurso está aberto a todos os centros de ensino primario da Comarca. A tarxeta postal prepago será remitida dende o Concello a diferentes Centros Galegos de todo o mundo entre outros lugares de interese turístico e vitivinícola.
 
Talla con motoserra
O escultor Eugenio Linares fará una exhibición de talla con motoserra nos xardíns da Praza do Concello durante as xornadas do 13 e 14 de abril.
 
Curso de galego e español para estranxeiros. Vocabulario Turístico.
Dende a Oficina Municipal de Turismo organízase un Curso de Español para estranxeiros orientado a Casas de Turismo Rural, vivendas vacacionais e apartamentos turísticos. Celebrase durante a primeira semana de abril.
 
XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI
 
Programa de actos
 
Sábado 13 de abril
-Ás 11:30 horas: Disparo de bombas de palenque anuncian o inicio da XXXIX Feira do Viño de Amandi.
-Ás 12:00 horas: Apertura Oficial a cargo de Adega Don Bernardino en lembranza a seu fundador Bernardino Rodríguez.
-Ás 12:15 horas: Actuación dun Grupo de Música Tradicional.
-Ás 17:00 horas: Comezo da Precata Oficial na Sala de Catas do Oficina Municipal de Turismo.
-Ás 17:00 horas: Actuación dun Grupo de Musica Tradicional.
-Ás 18:30 horas: Concerto da Banda de Música de Sober.
-Ás 20:00 horas: Concerto de María do Ceo no Auditorio do Centro Sociocultural de Sober.
-Ás 21:30 horas: Actuación da Charanga Louband na Praza do Concello.
-Ás 23:00 horas: Actuación de SR. Jingels na Praza do Concello.
-Ás 00:00 horas: Actuación de Gin Toni’s na Praza do Concello.
 
Domingo 14 de abril
-Ás 10:30 horas: Disparo de 25 bombas de palenque (1 por cada colleiteiro participante)
-Ás 10:45 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 11:00 horas. Pasarrúas coa Banda de Música de Sober.
Ás 11:30 horas: Comezo da Cata Oficial na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober.
Ás 11:30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
-Ás 12:30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
-Ás 12:45 horas: Actuación da Banda de Música de Sober.
-Ás 13:00 horas: Pregón a cargo de María do Ceo.
-Ás 13:30 horas: Entrega de Premios.
-Ás 17:00 horas: Actuación da Charanga NBA.
-Ás 19:30 horas: Baile coa orquestra Los Satélites.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com