SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER APROBA OS ORZAMENTOS PARA 2019 QUE ASCENDEN A 3.283.632.98 EUROS E PRIMAN A INVERSIÓN E O GASTO SOCIAL



O Goberno local do Concello de Sober aprobou onte os Orzamentos para o ano 2019, que ascenden a 3.283.632.98 euros, fronte aos 2.948.000 euros do pasado exercicio; unhas contas nas que prima a inversión e o gasto social.
 
Os Orzamentos destinan a gasto social preto de 700.000 euros e a investimentos 1,3 millóns de euros.
 
Amplíase a dotación das becas de transporte universitario con axudas para alumnos de BAC e increméntase a dotación das axudas aos clubs de fútbol, ao tempo que se crean axudas para deportistas individuais.
 
O Goberno local segue rebaixando a débeda viva, polo que rematará o ano 2019 con pouco máis de 80.000 euros de débeda.
 
Consíganse unha partida igual que a do ano pasado para o mantemento das depuradoras rurais, que están perfectamente atendidas. No capítulo de inversión destaca a aposta pola ampliación de rede de saneamento, a mellora de alumeados cunha importante axuda do IDEA, do Ministerio de Industria.
 
Farase tamén unha forte aposta pola vivenda a través do arranxo de 4 vivendas propiedade municipal coa axuda do IGVS.
 
Contémplanse preto de 350.000 euros para infraestruturas viarias, 85.000 euros para o Plan de Camiños Rurais da Consellería do Medio Rural, a mellora de núcleos onde se fixeron obras de saneamento con 70.000 euros de fondos propios, 150.000 euros para a Rúa e Praza do Cuartel dentro do Plan HURBE cun 70% de axuda da Consellería de Medio Ambiente e 60.000 euros de fondos propios para mantemento de camiños e melloras nas ribeiras.
 
Está previsto mellorar unha parte dos pendellos de Cadeiras coa axuda da Axencia Galega de Turismo. Tamén se vai dotar una ludoteca infantil municipal con axuda do GDR.
 
Báixase o lixo nun 10%
O Goberno local acordou non subir ningún imposto nin taxa neste exercicio (gardería, IBI, vehículos, Escola de Música, auga e saneamento). En canto ao lixo, a taxa baixa nun 10%.
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com