SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O MONFORTINO RODRIGO COUCHEIRO LIMERES, GAÑADOR DO CONCURSO DE CARTEIS DA XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O xurado do certame da XXXIX Feira do Viño de Amandi convocado polo Concello de Sober vén de facer público o seu fallo. Por unanimidade elixía como traballo gañador desta edición do concurso o presentado por Rodrigo Coucheiro Limeres, de Monforte, baixo o lema ‘Amando Amandi’.
 
O xurado destacou o alto nivel dos 51 orixinais presentados, chegados de diferentes puntos do Estado. En concreto, recibíronse carteis de toda España, como Cataluña, Madrid e o País Vasco. O maior número chegou de Galicia e da Comarca de Lemos.
 
O xurado estivo formado por Eva F. Ferreira, Toño Parga, Iván Patiño e Manuel Valcárcel ‘Piro’. O Concello de Sober agradece a súa colaboración.
 
Tamén acordou conceder un accésit como finalistas aos carteis de Víctor Miranda da Coruña, Carlos Gallego, de Barcelona, Luis Enrique Núñez, de Viloira-O Barco, e Celso Cuñarro, da Coruña.
 
O gañador do concurso recibirá un premio en metálico de 600 euros. Os accésit contarán cun diploma e cun lugar destacado na exposición que se faga con todos os traballos presentados.
 
O cartel ganador farase público o sábado día 16 de marzo no miradoiro de Soutochao, en Doade. Celebrarase un acto ao que se asistirán os adegueiros e no que se darán a coñecer os actos que formarán parte do ‘Mes do Amandi’ e a programación da XXXXI Feira do Viño de Amandi que este ano se celebra os días 13 e 14 de abril.
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com