SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER COLABORA CO CEIP A GÁNDARA E O VIRXE DO CARME ACHEGANDO OS LAVADOIROS PÚBLICOS AO ALUMNADO




A actividade desenvolverase mañá en horario lectivo

O Goberno local do Concello de Sober colabora co CEIP A Gándara de Monforte e co CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober nunha actividade que pretende achegar ao alumnado o patrimonio cultural, en concreto o dos lavadoiros públicos.

Así, o alumnado de 4 e 5 anos de Primaria de ambos os centros públicos visitará mañá dous lavadoiros de Sober, acondicionados previamente polo Concello para esta iniciativa, onde os nenos coñecerán o proceso de lavado da roupa e o seu posterior secado.

Unha vez remate o lavado, que se fará nos lavadoiros dos Eireos e o de Arroxo, os nenos e os mestres acudirán ao parque da Praza do Concello onde tenderán a roupa e farán un xantar de confraternidade entre os dous centros.

Homenaxe a Rosalía de Castro
A iniciativa ten como obxectivo homenaxear a Rosalía de Castro, cuxa data de nacemento é o 24 de febreiro. Previamente á actividade de mañá os nenos e nenas dos centros de Sober e Monforte coñeceron nas súas clases ao poema de Cantares Gallegos:

Vente rapasa,
Vente miniña,
Venta a lavar
No pilón da Fontiña.

Cren que é unha maneira de homenaxear á poeta e novelista galega ao tempo que achegan as tradicións ao alumnado e o patrimonio cultural galego. O profesorado da Gándara, promotor da iniciativa, explica que cando descubriron o poema moitos dos nenos e nenas descoñecían o que era un lavadoiro tradicional, polo que consideraron interesante amosárllelo e tamén ensinarlles o seu funcionamento.

Posto que en Monforte apenas quedan este tipo de lavadoiros, porque se lavaba directamente no río, decidiron trasladar a saída escolar a Sober, onde hai numerosos exemplares.

O alumando, preparado para a ocasión
Os nenos e nenas irán preparados para esta saída escolar, ataviados de botas de goma e un mandil, así como un cubo de plástico e un pano ou toalla para lavar.



 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com