SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
MIGUEL FRANQUEIRO BECERRA DEBUTARÁ COMO TUBA SOLISTA COA ORQUESTRA SINFÓNICA DE BARCELONA E NACIONAL DE CATALUÑA (OBC) NO SEU VINDEIRO PROGRAMA



O director da Banda de Música de Sober e tubista, Miguel Franqueiro Becerra, será por vez primeira o tuba solista da Orquestra Sinfónica de Barcelona e Nacional de Cataluña (OBC) no seu vindeiro programa, os días 16, 17 e 18 de novembro.
 
O primeiro dos concertos será o venres ás 20:30 horas en L’Auditori, en Barcelona, baixo a dirección de Sylvain Cambreling. O segundo dos concertos será o sábado ás 19:00 horas e o terceiro o domingo ás 11:00 da mañá. Franqueiro Becerra será o encargado de interpretar un papel que entraña unha dificultade notable e no que terá un destacado protagonismo.
 
Repertorio
MESSIAEN: Les offrandes oubliées
BEETHOVEN: Concierto para piano y orquesta n.º 4 en Sol mayor, op. 58
BERLIOZ: Sinfonía fantástica, op.14
 
Unha dilatada traxectoria
O músico, natural de Boqueixón, é o director da Banda de Música de Sober desde o ano 2005, unha agrupación que en 2019 cumprirá 150 anos.
 
Nos últimos tempos Franqueiro Becerra ten tocado con orquestras internacionais de primeiro nivel como a West Eastern Diván Orchestra, a Hulencourt Soloists Chamber Orchestra (Bélxica), a Orquesta de RTVE, a Opera Teatro Regio Torino (Italia) e, de xeito asiduo, coa Real Filharmonía de Galicia, entre outras.
 
Para o ano próximo ten previstas actuacións coa Orquestra Nacional de España e co Teatro alla Scala de Milán, baixo a dirección de Válery Gergiev.
 
Unha experiencia que reverte en Sober
O Goberno local do Concello de Sober valora esta nova participación do músico nunha orquestra de primeiro nivel. O alcalde, Luis Fernández Guitián, gaba a traxectoria do músico “cuxas aprendizaxes e experiencias acaban revertendo na Escola Municipal de Música e na Banda de Música de Sober”.
 
Pinceladas sobre a OBC
Fundada no ano 1944, a OBC ten máis de 70 anos de historia. Gañou o Grammy latino en 3 ocasións e fixo xiras por Europa, Asia e EEUU. A Orquesta Sinfónica de Barcelona y Nacional de Cataluña (OBC) foi fundada polo Concello de Barcelona en 1944, como consolidación do proxecto da Orquesta Pau Casals (1920 a 1937) que a Guerra Civil interrompeu. Hoxe, mantendo o espírito orixinal de Pau Casals, aberta ao mundo e comprometida coa sociedade, ten especial coidado dos artistas e do patrimonio, e ten como misión divulgar a música sinfónica, principalmente do século XIX na creación actual.
 
 
 
 
 
 


 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com